Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Concello presentará o Regulamento de participación cidadá a principios de agosto

PARTICIPACIÓN VECIÑAL

O Concello presentará o Regulamento de participación cidadá a principios de agosto

Mércores 19 de xullo do 2006

O Concello de Carballo presentará o vindeiro 3 de agosto, no Pazo da Cultura, o Regulamento de participación cidadá. No acto, que comezará ás 21.00 horas, estarán presentes o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro de Facenda, Contratación e Patrimonio, José Antonio Viña, e o concelleiro de Participación Veciñal, Emprego e Promoción Económica, Manuel Trigo. O Concello iniciou na xornada de hoxe a remisión das convites ao acto a todo o tecido asociativo de Carballo, tanto deportivo como cultural e ás ANPAS. A intención da administración local é a de facer entrega de dúas copias do regulamento a cada asociación.

O Concello formúlalle a Industria e Turismo a creación dunha área recreativa infantil en Razo

INDUSTRIA

O Concello formúlalle a Industria e Turismo a creación dunha área recreativa infantil en Razo

Mércores 19 de xullo do 2006

O Concello de Carballo formuloulle á Consellería de Innovación e Industria, nunha xuntanza mantida entre o delegado provincial, Xosé Luis Barcia, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a demanda da creación dun parque infantil en Razo. Trátase dunha demanda presentada desde hai tempo polos residentes do lugar e que a ANPA do colexio tamén lle fixo chegar ao Concello. O orzamento do proxecto ascendería a 59.924,87 euros.

Remataron  os prazos de preinscrición para a Escola Oficial de Idiomas e Conservatorio de Música

ENSINO

Remataron os prazos de preinscrición para a Escola Oficial de Idiomas e Conservatorio de Música

Martes 18 de xullo do 2006

Os prazos de preinscrición para os alumnos de primeiro de inglés e francés na Escola Oficial de Idiomas de Carballo veñen de rematar. O segundo prazo de preinscrición para os alumnos que se matriculan en primeiro, por primeira vez, vai do 1 ao 15 de setembro. O sorteo e publicación da listaxe do alumnado preinscrito que pode matricularse publicarase o 21 de setembro e a matricula formalzarase entre o 22 e 28 de setembro.

O Concello beneficiarase da entrega de material para Protección civil

LITORAL

O Concello beneficiarase da entrega de material para Protección civil

Martes 18 de xullo do 2006

O Concello de Carballo será un dos beneficiados pola entrega de material para protección Civil, aprobada pola Consellería de Presidencia no marco del Plan de Salvamento en Praias de Galicia, sendo publicada a súa orde recentemente no Diario Oficial Galicia. En total serán once os municipios da Costa da Morte que reciban parte do material que axudará a un mellor desenvolvemento do traballo.

Presidencia achega unha axuda de 60.000 euros para dotar de equipamento mobiliario ao Concello

SUBVENCIÓN

Presidencia achega unha axuda de 60.000 euros para dotar de equipamento mobiliario ao Concello

Luns 17 de xullo do 2006

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ven de conceder ao Concello de Carballo unha subvención de 60.000 euros para dotación de equipamento mobiliario da Casa do Concello. A Xunta de Galicia destina este tipo de axuda a subvencionar a realización de obras de construcción, adaptación, mellora e equipamento das sedes das entidades locais de Galicia.

Traballo concede once traballadores ao Concello a través do Plan de Cooperación

EMPREGO

Traballo concede once traballadores ao Concello a través do Plan de Cooperación

Luns 17 de xullo do 2006

A Consellería de Traballo, ao abeiro do Plan de Cooperación, ven de conceder once traballadores desempregados ao Concello de Carballo. En breve iniciarase o proceso de selección a través do INEM, que será o encargado de determinar os perfís que se axustan á demanda das prazas concedidas. A duración dos contratos será de seis meses.

O Verán Cultural ofrece varias actividades durante toda a semana

CULTURA

O Verán Cultural ofrece varias actividades durante toda a semana

Luns 17 de xullo do 2006

O programa de Noites de Cine, que se desenvolve durante os meses de xullo e agosto, continúa esta semana con proxeccións en diferentes lugares de Carballo. Hoxe luns, 17 de xullo, poderase ver Embrujada no Local Social de Entrecruces. O martes 18 será o turno da película Charlie y la Fábrica de Chocolate ao lado da igrexa de Mirón, en Bértoa. Esta mesma película poderá visionarse o xoves 20 na praia de Razo, mentres que o mércores 19, en colaboración coa Deputación da Coruña, proxectarase Valiant na Praza de San Cristovo. Tódalas sesión comezarán ás 22,30 horas.

Formalizado o convenio da Horta de Romay

URBANISMO

Formalizado o convenio da Horta de Romay

Venres 14 de xullo do 2006

O Concello de Carballo formalizou na notaría o convenio da Horta de Romay, pois é intención do goberno utilizar ese espazo, de forma provisional, como aporcadoiro. A solución que se lle pretende dar ao solar é similar á que nestes momentos se utiliza na antiga Horta do Casino.

O Concello inicia o repartimento gratuíto de 3.000 cinceiros en Razo e Baldaio

CARBALLO LIMPO

O Concello inicia o repartimento gratuíto de 3.000 cinceiros en Razo e Baldaio

Venres 14 de xullo do 2006

O Concello de Carballo, a través de Carballo Limpo, comeza esta fin de semana a realizar un repartimento gratuíto de cinceiros de plástico reciclable nas praias de Razo e Baldaio. Coincidinco coa chegada do bo tempo, a obxectivo da iniciativa é o de sensibilizar aos usuarios e ás usuarias do areal para que non tiren as cabichas, cos prexuízos que carreta para a praia.

Avanza o procedemento para impulsar o polígono industrial de Bértoa

POLÍGONO INDUSTRIAL

Avanza o procedemento para impulsar o polígono industrial de Bértoa

Venres 14 de xullo do 2006

Xestur ven de formalizar en escritura pública preto de 200.000 metros cadrados do polígono industrial de Bértoa. Ábrese así a posibilidade de conveniar coas empresas que xa teñen solo adquirido para desenvolver proxectos empresariais. Este novo paso sucede á sinatura do convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Solo e o Concello de Carballo, o pasado 25 de maio, polo que a Xunta de Galicia investirá 35 millóns de euros na adquisición de terreos.

A música alternativa e independente será a protagonista do Festival ‘Sereas e Piratas’

CULTURA

A música alternativa e independente será a protagonista do Festival ‘Sereas e Piratas’

Venres 14 de xullo do 2006

O Pazo da Cultura de Carballo acolleu este venres, 14 de xullo, a presentación do Festival Sereas e Piratas, que se vai desenvolver na praia de Razo os días 21 e 22 de xullo. A Asociación Cultural Rebeldía organiza a primeira edición deste festival, patrocinado polo Concello de Carballo e que pretende ter continuidade en vindeiras edicións. O festival comezará o venres 21, con varias actividades relacionadas coa práctica do surf, mentres que o sábado terán lugar os concertos a cargo de Niño y Pistola, Haiku, Triángulo de Amor Bizarro e The Majestics, ademais dunha sesión de dj’s e unha exhibición de graffitis. Tamén haberá outras actividades, como a elección de Mister Bañata e Miss Bikini, con premios en metálico de 150 euros para o/a gañador/a e roupa para o/a segundo/a e terceiro/a clasificado/a.

O proxecto ‘Proximitas’ achega a Carballo un curso de instalador de enerxía solar fotovoltaica e eólica

EMPREGO

O proxecto ‘Proximitas’ achega a Carballo un curso de instalador de enerxía solar fotovoltaica e eólica

Xoves 13 de xullo do 2006

A aula de informática do Centro de Formación, no ambulatorio vello, acolle este venres, 14 de xullo, a partir das 11.00 horas, a presentación do curso de Instalador de Enerxía Solar Fotovoltaica e Eólica, pertencente ao proxecto Proximitas. O Proximitas é un proxecto desenvolvido e financiado polo Fondo Social Europeo e xestionado pola Deputación da Coruña. O curso conta con formación teórica e práctica de máis de 900 horas, destinado a persoas con risco de exclusión social.

Compartir: