Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Acción Social financiará a mellora da accesibilidade no concello

VISITA INSTITUCIONAL

Acción Social financiará a mellora da accesibilidade no concello

Martes 1 de agosto do 2006

O director xeral de Acción Social, Xosé Bieito Seara, anunciou que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar contribuirá ao finanzamento da primeira fase do plan de accesibilidade aos edificios públicos impulsado polo Concello de Carballo e a Fundación Once. Fíxoo na súa primeira visita oficial que realizou ao Concello, onde aproveitou a súa estancia para visitar as instalacións de ASPABER e da residencia xeriátrica.

Comezou a campaña de doazón de sangue na Praza do Concello

SOLIDARIEDADE

Comezou a campaña de doazón de sangue na Praza do Concello

Martes 1 de agosto do 2006

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia permanece desde este martes, 1 de agosto, até o mércores día 2, na Praza do Concello. A visita do vehículo resposta á celebración da campaña de doazón Comparte saúde. Doa sangue, coa que o Concello trata de promover a participación dos carballeses para atender unha demanda importante por parte dos centros sanitarios galegos durante os meses de verán, que van a precisar arredor de 35.000 doazóns de sangue. O horario para doar é de 10.00 a 14.00 horas, e de 16.00 a 21.00 horas.

A praia de Razo acolle a fin de semana a ‘Ruta de los 10.000’ da Fundación Intervida

LITORAL

A praia de Razo acolle a fin de semana a ‘Ruta de los 10.000’ da Fundación Intervida

Martes 1 de agosto do 2006

A Ruta de los 10.000 da Fundación Intervida chega esta fin de semana a Carballo na súa segunda visita á provincia da Coruña, xunto á caravana Moviplaya, co obxectivo de conseguir o apoio de 10.000 novos padriños para por en marcha un proxecto de desenvolvemento en El Salvador, que beneficiará a 18 comunidades. Coincidindo coa celebración da proba do campionato de España de voley-praia, o areal de Razo será, do 4 ao 6 de agosto, o vindeiro escenario de Moviplaya -a xira estival que promove Movistar- que ofrece aos visitantes a posibilidade de participar en actividades lúdicas durante o día e a noite como xogos, espectáculos, clases de aeróbic, bailes de salón, cine e música.

Xosé Bieito Seara visita ASPABER e o xeriátrico

ACCIÓN SOCIAL

Xosé Bieito Seara visita ASPABER e o xeriátrico

Luns 31 de xullo do 2006

O director xeral de Acción Social, Xosé Bieito Seara, visita esta tarde de luns Carballo, coa intención de coñecer as instalacións de ASPABER e o xeriátrico. Xosé Bieito Seara chegou a Carballo contra as 15,00 horas, onde foi recibido por parte do grupo de goberno. As visitas iniciaranse a primeira hora da da tarde, principiando por ASPABER.

A corporación municipal reúnese en sesión plenaria ordinaria

PLENO

A corporación municipal reúnese en sesión plenaria ordinaria

Luns 31 de xullo do 2006

A corporación municipal de Carballo declarará deserto, na sesión plenaria ordinaria a celebrar este luns, o concurso para a construción e explotación dun aparcadoiro soterrado e un edificio de carácter comercial na Praza do Concello. Será un dos puntos da orde do día, que inclúe ademáis o inicio do procedemento para a adxudicación, mediante procedemento negociado con publicidade, da concesión da obra, polo que as empresas interesadas no proxecto poderán ser invitadas a participar do proceso.

A música, o cine e o deporte, protagonistas da semana do ‘Verán Cultural’

CULTURA

A música, o cine e o deporte, protagonistas da semana do ‘Verán Cultural’

Luns 31 de xullo do 2006

A celebración dunha das probas do Campionato de España de voley-praia, a vindeira fin de semana en Razo, será un dos grandes atractivos das actividades incluidas no programa do Verán Cultural para a primeira semana de agosto. Será a primeira vez que Carballo acolla unha proba do circuito nacional, para o que se destinarán 6.000 metros cadrados de areal. A montaxe comezará xa mañán martes, 1 de agosto, e moverá da orde de 15 trailers e 150 persoas. Ademáis dos partidos de voley-praia, haberá un montante paralelo de actividades para os máis pequenos, no que será sen dúbida un grande espectáculo.

Catro empresas están interesadas no proxecto do aparcadoiro soterrado e reforma do edificio do mercado

PLENO

Catro empresas están interesadas no proxecto do aparcadoiro soterrado e reforma do edificio do mercado

Venres 28 de xullo do 2006

Catro empresas están interesadas no proxecto para a construción e explotación dun aparcadoiro soterrado e un edificio de carácter comercial na Praza do Concello, segundo manifestou o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. O rexedor local afirmou que "o goberno municipal ten coñecemento que hai empresas interesadas en presentar ofertas, tanto de Galicia como de fora de Galicia". A corporación municipal declarará o vindeiro luns, na sesión plenaria ordinaria deste mes de xullo, deserto o concurso, ademais de incluír na orde do día o inicio do procedemento para a adxudicación, mediante procedemento negociado con publicidade, a concesión da obra, polo que as empresas interesadas no proxecto poderán ser invitadas a participar do proceso.

O Concello anima aos veciños a participar na campaña ‘Comparte Saúde. Doa sangue’

SOLIDARIEDADE

O Concello anima aos veciños a participar na campaña ‘Comparte Saúde. Doa sangue’

Venres 28 de xullo do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o representante do Centro de Transfusión de Galicia, Julio Flores, e o responsable de Protección Civil en Carballo, Franciso Javier Souto, presentaron na casa do Concello a campaña Comparte saúde. Doa sangue, que se desenvolverá en Carballo o martes 1 e o mércores 2 de agosto. Coa campaña de doazón de sangue, o Concello trata de promover a participación dos/as carballeses/as para atender unha demanda importante por parte dos centros sanitarios galegos durante os meses de verán, que van precisar arredor de 35.000 doazóns de sangue.

Rubén Lois reafirma os compromisos da Dirección Xeral de Turismo con Carballo

TURISMO

Rubén Lois reafirma os compromisos da Dirección Xeral de Turismo con Carballo

Venres 28 de xullo do 2006

O director xeral de Turismo, Rubén Lois, oficia durante a xornada de hoxe venres unha visita ao Concello de Carballo, que aproveita para coñecer varios puntos estratéxicos do turismo na localidade. O alcalde de Carballo e os concelleiros de Turismo, Facenda e Cultura recibiron a Rubén Lois na Casa do Concello, antes de visitar o Museo de Bergantiños e o Pazo da Cultura. O director xeral de Turismo reafirmouse nos compromisos da Dirección Xeral con Carballo, no tocante ao Punto de Información Turística, á mellora do espazo turístico do litoral carballés e ao Plan de Dinamización Turístico.

O Director Xeral de Turismo visita Carballo

TURISMO

O Director Xeral de Turismo visita Carballo

Xoves 27 de xullo do 2006

O Director Xeral de Turismo, Rubén Lois, realiza unha visita institucional ao Concello de Carballo este venres, 28 de xullo. Rubén Lois será recibido por membros da corporación municipal ás 12,30 horas na Casa do Concello, antes de manter un encontro cos medios de comunicación. Acto seguido, iniciará unha rolda de visitas a distintos lugares da localidade.

O pleno debatirá o a ordenanza reguladora da prestación dos servizos do programa ‘Concilia’

COMISIÓNS INFORMATIVAS

O pleno debatirá o a ordenanza reguladora da prestación dos servizos do programa ‘Concilia’

Xoves 27 de xullo do 2006

A sesión plenaria ordinaria deste mes de xullo, a celebrar o vindeiro luns, incluirá na orde do día a aprobación inicial da Ordenanza reguladora da prestación dos servizos contidos no programa Concilia e dos seus prezos públicos. Trátase dun servizo que permitirá ás nais e pais deixar aos seus fillos e fillas no centro de ensino desde as 07,30 horas até o comezo da xornada escolar. O asunto foi debatido na comisión informativa de Acción Social, Participación e Persoal, que contemplou ademáis asuntos como a proposta de adhesión ao convenio do Consorcio de Servizos Sociais, coa intención de crear unha nova escola infantil municipal, e a ampliación da Zona Azul na rúa Gran Vía, na súa marxe dereita, desde a intersección coa rúa Pintor Urbano Lugrís até a confluencia coa rúa Doctor Fleming. Ambos asuntos están incluidos, igualmente, na orde do día da vindeira sesión plenaria.

Compartir: