Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Verán Cultural achega novos espectáculos de maxia, música e cine esta semana

CULTURA

O Verán Cultural achega novos espectáculos de maxia, música e cine esta semana

Luns 7 de agosto do 2006

A maxia, a música e o cine serán os protagonistas doVerán Cultural do Concello de Carballo durante a segunda semana do mes de agosto. O venres 11, no Xardín Municipal, o mago Kiko presenta o seu espectáculo A ponte invisible, unha viaxe de maxia e participación, onde as cousas imposibles atopan o seu momento para aparecer ou desaparecer. O espectáculo é interactivo, o humor e a improvisación están permitidos e a participación do público contribúe a crear situacións do máis cómico ou dramático. O mago Kiko conta conta con varios premios nacionais presentaranos un espectáculo para nenos e maiores, con números de corte clásico con ambientación musical e efectos novidosos nunca antes vistos. A actuación comezará ás 20,00 horas.

O espectáculo do volei-praia tomou a praia de Razo durante a fin de semana

DEPORTE

O espectáculo do volei-praia tomou a praia de Razo durante a fin de semana

Luns 7 de agosto do 2006

O Campionato de España de volei-praia encheu o areal de Razo de espectáculo durante unha exitosa fin de semana tanto no plano deportivo como no participativo. Milleiros de visitantes achegáronse ás pistas do torneo para disfrutar dun grande espectáculo e vivir a maxia do volei-praia coas mellores parellas do panorama nacional. No apartado deportivo, a parella composta por Manuel Carrasco e José Luis Oliva, en categoría masculina, e por Cati Pol y Meritxell Alseda, en feminina, proclamáronse campións desta cuarta proba do Campionato de España.

Aprobado o proxecto básico e de execución do local social de Berdillo

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobado o proxecto básico e de execución do local social de Berdillo

Luns 7 de agosto do 2006

A Xunta de Goberno Local ven de aprobar, na sesión ordinaria celebrada este luns 7 de agosto, o proxecto básico e de execución de Acondicionamento do complexo do local social de Berdillo, cun presuposto de contrata de 258.793,24 euros. Na mesma sesión deuse conta do convenio de cooperación cultural entre a Xunta de Galicia e o Concello de Carballo para a primeira fase das obras de acondicionamento do local social, polo que a Consellería de Cultura comprométese a achegar a cantidade de 115.843 euros ao Concello.

A praza do Concello acolle a celebración do ‘Rockarballo’ o sábado

CULTURA

A praza do Concello acolle a celebración do ‘Rockarballo’ o sábado

Venres 4 de agosto do 2006

A praza do Concello acollerá o vindeiro sábado, 5 de agosto, a celebración do concerto Rockarballo, no que dous dos últimos grupos de rock constituídos en Carballo reuniranse para ofrecer un concerto do máis variado rock carballés. As actuacións, que comezarán ás 22,30 horas, correrán a cargo das formacións locais Tramitess e The Cerne, acompañados polo grupo Magín Blanco.

A Xunta de Goberno Local reúnese o vindeiro luns en sesión ordinaria

CONVOCATORIA

A Xunta de Goberno Local reúnese o vindeiro luns en sesión ordinaria

Venres 4 de agosto do 2006

A Xunta de Goberno Local celebrará unha nova xuntanza o vindeiro luns, 7 de agosto, na que se volverán a levar da orde de 12 licenzas de obra. A orde do día inclúe licenzas para a contrucción de tres edificios que albergarían un total de 47 novas vivendas, ademáis da construcción de dúas vivendas unifamiliares. O inicio da Xunta de Goberno Local está previsto para as 13,00 horas.

As probas clasificatorias abren o cuarta proba do Campionato de España de volei-praia en Razo

DEPORTE

As probas clasificatorias abren o cuarta proba do Campionato de España de volei-praia en Razo

Venres 4 de agosto do 2006

As probas clasificatorias en categoría masculina, a celebrar a partir das 16,00 horas deste venres 4 de agosto, abrirán a cuarta proba do circuito nacional de volei-praia, que se desenvolverá no areal de Razo até o vindeiro domingo 6 de agosto. A montaxe das catro pistas de competición e outra de quencemento fíxose con éxito e só queda agardar o inicio da competición, que podería ver modificado algún horario por mor do vento do nordés, único invonvinte que se prevé para o desenvolvemento da proba. Esta mañá tivo lugar na Casa do Concello a presentación do evento, da que participaron o alcalde de Carballo, o concelleiro de praias, a delegada provincial de Cultura e Deporte, un representante da Federación Española de Voleibol, o presidente da Federación Galega de Voleibol, un representante de Movistar e un representante de Delfin Group, organizadora do evento.

Cultura remitiu ao Concello o convenio para a primeira fase do Centro Social de Berdillo

OBRAS

Cultura remitiu ao Concello o convenio para a primeira fase do Centro Social de Berdillo

Xoves 3 de agosto do 2006

A Consellería de Cultura ven de remitir ao Concello de Carballo o convenio para as obras da primeira fase do Centro Social de Berdillo, por importe de 115.742,80 euros. A Xunta de Goberno Local aprobará a vindeiro luns o mesmo, en sesión ordinaria, para abrir canto antes o procedemento para a execución desta primeira fase. O goberno municipal ten intención de facelo neste mesmo mes de agosto.

O Concello presenta o Regulamento de Participación Cidadá ao tecido asociativo

PARTICIPACIÓN

O Concello presenta o Regulamento de Participación Cidadá ao tecido asociativo

Xoves 3 de agosto do 2006

O Concello de Carballo presenta este xoves 3 de agosto, no Pazo da Cultura, o Regulamento de Participación Cidadá. No acto, que comeza ás 21,00 horas, estarán presentes o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro de Facenda, Contratación e Patrimonio, José Antonio Viña, e o concelleiro de Participación Veciñal, Emprego e Promoción Económica, Manuel Trigo. O Concello remitiu nas últimas semanas as invitacións ao acto a todo o tecido asociativo de Carballo, tanto deportivo como cultural e ás ANPAS. A intención da administración local é a de facer entrega de dous copias do regulamento a cada asociación.

Razo prepárase para acoller a cuarta proba do Campionato de España de volei-praia

DEPORTE

Razo prepárase para acoller a cuarta proba do Campionato de España de volei-praia

Xoves 3 de agosto do 2006

A praia de Razo será escenario, do venres 4 ao domingo 6 de agosto, da cuarta proba do Campionato de España de volei-praia. O areal carballés xa vai tomando forma para o evento, coa instalación das gradas e acondicionamento do terreo de xogo. Operarios da organización traballan desde principios de semana para facer do evento un grande espectáculo. Será a primeira vez que Carballo acolla unha proba do circuito nacional, para o que se destinarán 6.000 metros cadrados de areal. A montaxe moverá da orde de 15 trailers e 150 persoas.

A unidade de salvamento acuático realizou 234 atencións de botiquín en Razo e Baldaio

LITORAL

A unidade de salvamento acuático realizou 234 atencións de botiquín en Razo e Baldaio

Mércores 2 de agosto do 2006

A unidade de salvamento acuático realizou un total de 234 atencións de botiquín nas praias de Razo e Baldaio durante o pasado mes de xullo. O maior parte de incidencias tivo lugar no areal de Razo, cun total de 151 intervencións, mentres que na praia de Baldaio leváronse a cabo as outras 83. É de salientar que non se tivo que realizar ningún salvamento e só se rexistraron dous traslados en ambulancia en Razo.

O Grumir atendeu 32 emerxencias durante o mes de xullo

BALANCE MENSUAL

O Grumir atendeu 32 emerxencias durante o mes de xullo

Mércores 2 de agosto do 2006

O Grupo Municipal de Intervención Rápida de Carballo tivo que participar en 34 emerxencias durante o pasado mes de xullo, que arroxou un total de 111 intervencións. No tocante ás emerxencias, destacan en Carballo 8 por accidentes de tráfico e limpezas, 3 por incendios urbáns, 6 por incendios forestais e outro incendio nun vehículo.

A bandeira azul ondeará na praia de Razo desde o vindeiro venres

LITORAL

A bandeira azul ondeará na praia de Razo desde o vindeiro venres

Mércores 2 de agosto do 2006

O vindeiro venres, 4 de agosto, a praia de Razo contará coa bandeira azul que recoñece o cumprimento de requisitos de calidade de augas, servizos e realización de actividades de información, educación e xestión ambiental. O acto de izada da bandeira terá lugar ás 11,00 horas e contará coa presenza do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. O remate das obras de consolidación dos taludes e o movemento de maquinaria permiten que a bandeira azul poda ondear xa no areal carballés.

Compartir: