Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Concello aborda unha nova xuntanza para coñecer o proxecto de sostenibilidade que promove Medio Ambiente

DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

O Concello aborda unha nova xuntanza para coñecer o proxecto de sostenibilidade que promove Medio Ambiente

Luns 14 de agosto do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, participará o mércores, 16 de agosto, nunha xuntanza en Santiago co director xeral de Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, Emilio Manuel Fernández, para seguir coñecendo os detalles do proxecto de sostibilidade que promove a Consellería de Medio Ambiente. Na xuntanza tamén participarán os alcaldes da Laracha e de Malpica, que xa se interesaron polo proxecto nunha anterior xuntana celebrada en Buño. A reunión está prevista para as 11.00 horas.

A música, os libros e o cine pecharán os actos do Verán Cultural

CULTURA

A música, os libros e o cine pecharán os actos do Verán Cultural

Luns 14 de agosto do 2006

Dous novos concertos, ademais da celebración da Praza dos Libros, serán os actos a desenvolver na segunda quincena no mes de agosto en Carballo, coincidindo co remate da programación do Verán Cultural do Concello de Carballo. O vindeiro venres, 18 de agosto, a praza do Concello acollerá a actuación da Trova Camagüeyana, unha animada noite para o cha cha cha, o bolero, o son, a guaracha, o danzón ou a rumba da man dun grupo de veteranos músicos profesionais que conformaron este septeto no ano 1994 coa intención de cultivar a música tradicional do seu país, Cuba. Aínda que a súa fonte é a Trova Tradicional Cubana, tamén realizan incursións no folclore latino/caribeño internacional. A actuación comezará ás 22.30 horas.

O Concello e a Consellería de Cultura asinan un convenio de colaboración para a celebración do FIOT

CULTURA

O Concello e a Consellería de Cultura asinan un convenio de colaboración para a celebración do FIOT

Luns 14 de agosto do 2006

A Consellería de Cultura remitiulle ao Concello de Carballo o convenio de colaboración entre ambas as partes, polo que o departamento autonómico achegará a cantidade de 12.000 euros para a celebración do Festival Internacional Outono de Teatro, que organiza o Concello de Carballo e a Asociación Cultural Telón e Aparte. O convenio entre as dúas administracións confirma a importancia da actividade cultural desempeñada polo Concello de Carballo e a repercusión do FIOT, que vai medrando en calidade e adeptos ano tras ano.

O mago Kiko achega o seu espectáculo ‘A ponte invisible’ ao Xardín Municipal

CULTURA

O mago Kiko achega o seu espectáculo ‘A ponte invisible’ ao Xardín Municipal

Venres 11 de agosto do 2006

A maxia e a música serán os protagonistas desta fin de semana en Carballo, coincidindo con dúas novas actuacións incluidas no programa doVerán Cultural do Concello de Carballo. Esta tarde, no Xardín Municipal, o mago Kiko presenta o seu espectáculo A ponte invisible, unha viaxe de maxia e participación, onde as cousas imposibles atopan o seu momento para aparecer ou desaparecer. A actuación comezará ás 20,00 horas.

O Concello xestiona varias axudas coa Dirección Xeral de Turismo

TURISMO

O Concello xestiona varias axudas coa Dirección Xeral de Turismo

Venres 11 de agosto do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, mantivo este venres, 11 de agosto, unha xuntanza en Santiago co director xeral de Turismo, Rubén Lois, na que se abordaron as liñas de axuda en materia turística para o Concello de Carballo. A xuntanza prolongouse por máis dunha hora e na mesma abordáronse varios temas pendentes. Un deles foi a potenciación do Museo de Bergantiños como punto de interpretación e información turísica, xa en fase de tramitación.

Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos desplazarase a Carballo a principios de setembro

INSPECCIÓN

Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos desplazarase a Carballo a principios de setembro

Xoves 10 de agosto do 2006

Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos desplazarase a Carballo a principios do vindeiro mes de setembro, en concreto, os días 4, 5, 6 e 7. Faino, como en ocasións anteriores, coa intención de realizar inspeccións técnicas periódicas de vehículos, incluidos os agrícolas. Asignarase día e hora de atención ao público, directamente na unidade móbil dende o primeiro día de chegada á localidade ou chamando ao teléfono 609116970.

O Concello remata os traballos de desbroce nas vías de titularidade municipal en varias parroquias

MANTEMENTO

O Concello remata os traballos de desbroce nas vías de titularidade municipal en varias parroquias

Xoves 10 de agosto do 2006

O Concello de Carballo, dentro da campaña de verán, está a intensificar as labouras de desbroce nas vías de titularidade municipal, tales como as pistas asfaltadas de accesos a núcleos. Os traballos desenvólvense en máis de 600 kilómetros de pistas asfaltadas e a intención do Concello é a de rematar os traballos no mes de setembro. De momento, os traballos remataron nas parroquias de Razo, lema, Ardaña, Rebordelos, Aldemunde e Vilela.

Berrogüetto presenta o domingo o seu cuarto disco ‘10.0’

CULTURA

Berrogüetto presenta o domingo o seu cuarto disco ‘10.0’

Mércores 9 de agosto do 2006

A praza do Concello acollerá o vindeiro domingo, 13 de agosto, a actuación de Berrogüetto, para moitos, o grupo de música folk máis importante e interesante dos escenarios galegos. Nesta ocasión presentan o seu cuarto disco 10.0, o máis coral da formación, autoeditado enteiramente e sen colaboracións. O concerto comezará ás 22,30 horas.

Suspendidas momentáneamente as autorizacións de lanzar foguetes nas festas locais

MEDIO RURAL

Suspendidas momentáneamente as autorizacións de lanzar foguetes nas festas locais

Mércores 9 de agosto do 2006

A raiz da oleada de incendios que está a arrasar os nosos montes nas últimas xornadas, a Consellería de Medio Rural ven de solicitar a suspensión momentánea das autorizacións de lanzar foguetes nas festas locais mentres dure a situación de niveis 1 e 2. Segundo indicou a Consellería, a medida será de carácter provisional.

Trinta asociacións acudiron á presentación do Regulamento de Participación Cidadá

PARTICIPACIÓN

Trinta asociacións acudiron á presentación do Regulamento de Participación Cidadá

Martes 8 de agosto do 2006

Da orde de trinta asociacións acudiron á presentación, por parte do Concello de Carballo, do Regulamento de Participación Cidadá no Pazo da Cultura. No acto estiveron presentes o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro de Facenda, Contratación e Patrimonio, José Antonio Viña, e o concelleiro de Participación Veciñal, Emprego e Promoción Económica, Manuel Trigo. Os representantes do grupo de goberno fixeron entrega de dous copias do regulamento a cada asociación, ademáis de explicar as pretensións do novo documento.

Vivenda adxudica o plan de urbanización da segunda fase do polígono industrial de Bértoa

POLÍGONO

Vivenda adxudica o plan de urbanización da segunda fase do polígono industrial de Bértoa

Martes 8 de agosto do 2006

A Consellería de Vivenda e Solo, a través de Xestur Coruña, ven de adxudicar á empresa Proyfe a elaboración do plan de sectorización e o proxecto de urbanización da segunda fase do polígono industrial de Bértoa, por un importe de 381.825 euros. A empresa disporá dun prazo de dous meses para realizar o plan de sectorización, que deberá con posterioridade contar cos informes preceptivos da Dirección Xeral de Urbanismo e co visto bo do Concello de Carballo. A execución do proxecto de urbanización conta cun prazo de tres meses.

Resoltos 15 informes de infracción sobre a limpeza de solares

CARBALLO LIMPO

Resoltos 15 informes de infracción sobre a limpeza de solares

Martes 8 de agosto do 2006

O Concello de Carballo, dentro da campaña Carballo Limpo, ven de resolver 15 dos 65 informes de infracción sobre a limpeza de solares. A medida é froito dun lento proceso que comezou coa aprobación da ordenanza de limpeza, e seguíu coa creación dun protocolo de actuación entre os servizos de Medio Ambiente, á Policía Local, a Oficina Técnica e os Servizos Xurídicos do Concello. A Policía Local notificará nos vindeiros días o resto de informes, coa pretensión de que, a mediados do vindeiro mes de setembro, a situación esté normalizada.

Compartir: