Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Aprobado o proxecto básico e de execución da segunda fase do Paseo Fluvial do río Anllóns

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobado o proxecto básico e de execución da segunda fase do Paseo Fluvial do río Anllóns

Luns 8 de xaneiro do 2007

A Xunta de Goberno Local aprobou, na sesión celebrada este luns, o proxecto básico e de execución da obra Paseo Fluvial do río Anllóns, na súa segunda fase, cun presuposto de contrara de 391.862,67 euros. Foi un dos acordos adoptados nunha sesión na que, ademáis, aprobouse a solicitude de subvencións para programas de Sevizos Sociais, Fomento da Política de Igualdade entre Mulleres e Homes durante o ano 2007 e programa de apoio ao deporte, dirixido a Concellos.

O Concello procede ao acondicionamento de varios centros de ensino durante o Nadal

ENSINO

O Concello procede ao acondicionamento de varios centros de ensino durante o Nadal

Venres 5 de xaneiro do 2007

Seguindo a política do grupo de goberno de ofrecer un ensino público de calidade, o Concello de Carballo ven de realizar durante as vacacións de Nadal, aproveitando a ausencia de nenos e nenas nas aulas, diferentes melloras pendentes e demandadas en varios centros de ensino da localidade. A estas actuacións, levadas a cabo en colexios como o Fogar, Bergantiños e Xoane, sucederán outras en diferentes centros educativos, cun orzamento total que ronda os 30.000 euros.

A Xunta de Goberno Local reúnese en sesión ordinaria o vindeiro luns

CONVOCATORIA

A Xunta de Goberno Local reúnese en sesión ordinaria o vindeiro luns

Venres 5 de xaneiro do 2007

A Xunta de Goberno Local celebrará o vindeiro luns, 8 de xaneiro, unha nova sesión ordinaria na Casa do Concello, a partir das 13,30 horas. Na orde do día figura a concesión de licenzas para o proxecto de execución dun edificio de 6 vivendas na rúa Gran Vía, a construcción dun edificio de 8 vivendas na rúa Rosas, a dun edificio de 4 vivendas na avenida das Flores e doutro na rúa do Sol. Igualmente, debatirase a concesión dunha licenza para a construcción dunha vivenda unifamiliar en Queo de Abaixo, na parroquia de Bértoa.

Os Reis Magos chegan a Carballo

CULTURA

Os Reis Magos chegan a Carballo

Venres 5 de xaneiro do 2007

Este venres, 5 de xaneiro, Carballo recibe a tradicional visita dos Reis Magos, cunha cabalgata que encherá de cor as rúas do concello e onde os máis pequenos serán os verdadeiros protagonistas. A Cabalgata comezará coa chegada dos Reis ao Centro Comercial Bergantiños-Haley, ás 17,45 horas en coches descapotables, onde saudarán aos nenos e nenas antes de subir ás carrozas. A saída do Centro Comercial está prevista para as 18,00 horas e a chegada á Praza do Concello contra as 20,00 horas. O Centro Comercial Bergantiños-Haley colaborará coa cabalgata regalando, ademáis dos caramelos, 3000 agasallos que se distribuirán entre os asistentes.

Preto de 8000 persoas visitaron a pista de xeo durante o mes de decembro

LECER

Preto de 8000 persoas visitaron a pista de xeo durante o mes de decembro

Xoves 4 de xaneiro do 2007

A pista de xeo instalada no aparcamento do San Martiño estase a converter nun punto de referencia para o lecer nestas datas de nadal. Preto de 8.000 persoas acudiron a patinar durante o mes de decembro, unha cifra que, segundo manifestaron os responsables da iniciativa, supera as expectativas iniciais.

Tramitadas 1139 licenzas para a construcción de vivendas no ano 2006

VIVENDA

Tramitadas 1139 licenzas para a construcción de vivendas no ano 2006

Xoves 4 de xaneiro do 2007

Os datos arroxados no ano 2006, en relación á tramitación de licenzas para a construcción de vivendas en Carballo, segue a confirmar unha alza espectacular. No recentemente concluido exercicio tramitáronse licenzas para a construcción de bloques de edificios para 1.043 vivendas. Nas zonas de núcleos rurais tamén aumentaron as solicitudes de licenzas, cun total de 96 para vivendas unifamiliares. As cifras totais, no ano 2006, sitúanse en 1.139 vivendas no concello de Carballo.

Tramitadas 1.139 licenzas para a construción de vivendas no ano 2006

VIVENDA

Tramitadas 1.139 licenzas para a construción de vivendas no ano 2006

Xoves 4 de xaneiro do 2007

Os datos do ano 2006, en relación á tramitación de licenzas para a construción de vivendas en Carballo, segue a confirmar unha alza espectacular. No recentemente concluído exercicio tramitáronse licenzas para a construción de bloques de edificios para 1.043 vivendas. Nas zonas de núcleos rurais tamén aumentaron as solicitudes de licenzas, cun total de 96 para vivendas unifamiliares. As cifras totais, no ano 2006, sitúanse en 1.139 vivendas no concello de Carballo.

Tramitadas 23 licenzas para naves industrias no polígono de Bértoa en 2006

INDUSTRIA

Tramitadas 23 licenzas para naves industrias no polígono de Bértoa en 2006

Xoves 4 de xaneiro do 2007

A enorme demanda rexistrada no Polígono Industrial de Bértoa confirmouse no ano 2006, coa tramitación de licenzas para aperturas de actividades e construcción para 23 naves industriais. No ano 2005 tramitáranse 17 licenzas, dúas máis que en 2004, mentres que o número de licenzas para naves industriais fora de 7 no ano 2003. O Polígono Industrial de Bértoa conta cunha superficie edificable de aproximadamente 285.000 metros cadrados repartido en 128 parcelas. Na actualidade son 100 parcelas con naves industriais construidas, o que supón máis dun 85% de ocupación.

O Concello remitirá a Industria e Fenosa os últimos fallos no suministro

SUMINISTRO ELÉCTRICO

O Concello remitirá a Industria e Fenosa os últimos fallos no suministro

Mércores 3 de xaneiro do 2007

O Concello de Carballo porá en coñecemento da Delegación Provincial de Industria e Unión Fenosa os últimos fallos no suministro eléctrico detectados durante as pasadas festas de Nadal nas rúas Coruña, Martín Herrera e entorno da Praza de Galicia. Dase a circunstancia de que a rúa Coruña, xunto coas rúas Vázquez de Parga, Ponte da Pedra e Camiño Novo, xa fora un dos enclaves afectados no ano 2004 pola mesma situación.

A Xabaxira 2006 desembarca no Pazo da Cultura

CULTURA

A Xabaxira 2006 desembarca no Pazo da Cultura

Mércores 3 de xaneiro do 2007

A Xabaxira Nadal 06, do Xabarín Club, chega este mércores a Carballo para facer pasar un bo rato ao público infantil e xuvenil que dispón de invitación para acudir ao espectáculo. O Pazo da Cultura albergará un espectáculo único a partir das 18,00 horas, con conertos e bo humor mesturados coa presenza do xabarín máis famoso de Galicia.

O Grumir atendeu 37 emerxencias durante o mes de decembro

BALANCE MENSUAL

O Grumir atendeu 37 emerxencias durante o mes de decembro

Mércores 3 de xaneiro do 2007

O Grupo Municipal de Intervención Rápida de Carballo tivo que participar en 37 emerxencias durante o pasado mes de decembro, que arroxou un total de 158 intervencións. No tocante ás emerxencias, destacan en Carballo 20 por accidentes de tráfico e limpezas, 10 por limpeza de estradas, 2 incendios urbáns, unha excarceración, un incendio nun contenedor, un escape de gas e 2 anegamentos.

Os servizos económicos do Concello trasládanse ao terceiro andar

ECONOMÍA

Os servizos económicos do Concello trasládanse ao terceiro andar

Martes 2 de xaneiro do 2007

Os servizos económicos do Concello de Carballo fixeron efectivo o seu traslado ao terceiro andar da Casa do Concello. Ademais, nos próximos días está previsto o cambio do servizo de xestión tributaria ao cuarto andar. Os veciños e veciñas terán acceso directo a esta área coa utilización do novo ascensor do edificio do Concello.

Compartir: