Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Concello súmase á rede de dinamizadores tecnolóxicos

TECNOLOXÍA

O Concello súmase á rede de dinamizadores tecnolóxicos

Martes 16 de xaneiro do 2007

O Concello de Carballo ven de sumarse á rede de dinamizadores tecnolóxicos, promovida pola Consellería de Innovación e Industria, coa finalidade de achegar as novas tecnoloxías ás zonas máis afastadas e con menos capacidade técnica. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, estivo esta mañán en Santiago para proceder á sinatura dun convenio polo que un bolseiro atenderá, nun punto de información, ás empresas, asociacións ou particulares interesados.

Remata a exposición do IX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

CULTURA

Remata a exposición do IX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Luns 15 de xaneiro do 2007

Este luns, 15 de xaneiro, remata no Pazo da Cultura a exposición do IX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. Durante o pasado mes puidéronse visionar as fotografías gañadoras do certame, do que resultou gañador Xesús Búa, coa fotografía 100 anos de traballos. O segundo premio foi para Antonio Benítez coa fotografía Cabo de Gata. O premio especial Carballo foi para Pablo Manuel Suárez e a súa fotografía Cando a marea sobre e, ademáis, houbo dous accésits para Paul Preece e Ángel Pérez de León.

O Concello intensifica os traballos de limpeza do entorno da férveda de Rus

SERVIZOS

O Concello intensifica os traballos de limpeza do entorno da férveda de Rus

Luns 15 de xaneiro do 2007

Cinco operarios da Brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo continúan esta semana cos traballos de limpeza do entorno da férveda de Rus. Logo de proceder, recentemente, aos traballos de mellora do acceso, esta nova actuación permitirá unha maior vistosidade da férveda para o desfrute dos veciños. A acción, realizada conxuntamente polas concellerías de Servizos e Mantemento e Medio Ambiente, pretende seguir coa posta en valor do patrimonio natural do concello.

O Concello asina un contrato para a dotación dunha sala de musculación no Pavillón Carballo Calero

DEPORTE

O Concello asina un contrato para a dotación dunha sala de musculación no Pavillón Carballo Calero

Luns 15 de xaneiro do 2007

O Concello de Carballo ven de asinar este luns, 15 de xaneiro, un contrato para a dotación dunha sala de musculación no Pavillón Carballo Calero. O Concello pretende, con esta nova medida, incrementar os servizos para os cidadáns e aumentar a capacidade infraestructural das actividades do Padroado Deportivo municipal. O prazo de entrega e a colocación de todo o material será dun máximo de quince días a partir da concesión da licitación.

O Concello procede á limpeza do entorno da férveda de Rus

SERVIZOS

O Concello procede á limpeza do entorno da férveda de Rus

Venres 12 de xaneiro do 2007

A Brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo ven de comezar os traballos de limpeza do entorno da férveda de Rus. Logo de proceder, recentemente, aos traballos de mellora do acceso, esta nova actuación permitirá unha maior vistosidade da férveda para o desfrute dos veciños. A acción, realizada conxuntamente polas concellerías de Servizos e Mantemento e Medio Ambiente, pretende seguir coa posta en valor do patrimonio natural do concello.

A directora xeral de Comercio coñeceu as necesidades do mercado municipal

COMERCIO

A directora xeral de Comercio coñeceu as necesidades do mercado municipal

Venres 12 de xaneiro do 2007

A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, e o delegado provincial da Consellería de Innovación e Industria, Luis Barcia, visitaron este venres Carballo para coñecer o estado do edificio do mercado de abastos e recoller as demandas dos concesionarios dos postos. Ambos estiveron acompañados polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro de Comercio, Francisco Pérez, o concelleiro de Urbanismo, Manuel Andrade, e o concelleiro de Servizos e Mantemento, Luis Lamas.

A directora xeral de Comercio visita Carballo para coñecer a situación do mercado municipal

COMERCIO

A directora xeral de Comercio visita Carballo para coñecer a situación do mercado municipal

Xoves 11 de xaneiro do 2007

A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitará este venres Carballo para coñecer de primeira man a situación do mercado municipal, logo de quedar deserto o concurso para a reforma do mesmo e a contrucción dun aparcamento soterrado. Ana Rúa reunirase co alcalde de Carballo e os placeiros do mercado, ademáis doutros membros do goberno local, a partir das 12,00 horas.

O Concello pon en marcha o proxecto ‘Literactúa’

CULTURA

O Concello pon en marcha o proxecto ‘Literactúa’

Xoves 11 de xaneiro do 2007

O Pazo da Cultura acolleu este xoves a presentación do proxecto Literactúa, polo que o Concello de Carballo, desde a Concellaría de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística, adquire o compromiso de fomentar o libro e a lectura en galego. Literactúa nace coa vontade de estabilizar e darlle continuidade a ese fomento do libro e da lectura en galego e de englobar e tecer pontes entre outras propostas que xa se desenvolven desde o Concello, como poden ser, por exemplo, a Praza dos Libros, a Semana do Libro e a Lectura, Libros Ceibes, etc., e outras posibles organizadas por outras entidades nas que pode participar o Concello de Carballo. Na presentación estiveron presentes o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a concelleira de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística, Belén Lendoiro, Antón Guitoi, en representación dos bares colaboradores co proxecto, e Nel Vidal, do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo.

Continúa aberto o prazo para participar na Campaña de Esquí da Deputación da Coruña

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

Continúa aberto o prazo para participar na Campaña de Esquí da Deputación da Coruña

Martes 9 de xaneiro do 2007

O Concello de Carballo acolleuse, un ano máis, á Campaña de Esquí que, para nenos de 10 a 13 anos, organiza a Deputación da Coruña. A actividade está enmarcada dentro da programación deportiva do ente provincial para o ano 2007 e desenvolverase, no caso dos rapaces de Carballo, entre o 3 e o 10 de febreiro. As idades dos rapaces participantes son para os que naceron entre o 4 de febreiro de 1993 e o 3 de febreiro de 1997, e é imprescindible que sexan veciños do Concello de Carballo. O prazo de inscrición para achegar as solicitudes permanecerá aberto até o 23 de xaneiro de 2007.

O Concello pon en marcha un obradoiro para fomentar a solicitude da cita médica por internet

ESTA ACCIÓN FORMATIVA DESENVOLVERASE EN DOUS HORARIOS OPCIONAIS, DE MAÑÁN E DE TARDE, NO EDIFICIO DA LUDOTECA INFANTIL

O Concello pon en marcha un obradoiro para fomentar a solicitude da cita médica por internet

Martes 9 de xaneiro do 2007

O Concello de Carballo, a través da Concellería de Promoción Económica e en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información, pon en marcha un obradoiro para fomentar o uso de Internet na solicitude de citas previas co Centro de Saúde.

O Concello demandará unha solución aos problemas de suministro eléctrico en Vilanova

INDUSTRIA

O Concello demandará unha solución aos problemas de suministro eléctrico en Vilanova

Luns 8 de xaneiro do 2007

O Concello de Carballo remitirá a Unión Fenosa e á Delegación Provincial da Consellería de Industria unha reclamación dos veciños do lugar de Vilanova, na parroquia de Cances, na que denuncian problemas de suministro eléctrico. A reclamación faise logo da remisión doutro escrito na que o Concello denunciaba fallos no suministro durante as pasadas festas de Nadal no entorno da Praza de Galicia e rúa Coruña.

Última semana para participar do Programa de Termalismo Social do Imserso

SERVIZOS SOCIAIS

Última semana para participar do Programa de Termalismo Social do Imserso

Luns 8 de xaneiro do 2007

O vindeiro luns, 15 de xaneiro, remata o prazo de presentación de solicitudes para os maiores do concello que queran participar no Programa de Termalismo Social do Imserso, para as quendas dos meses de febreiro a agosto, e que convoca a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar a través da Secretaría Xeral do Benestar e a Dirección Xeral de Acción Social. Os interesados que non dispoñan das solicitudes, xa remitidas polo Imserso ao domicilio dos solicitantes do ano pasado, poden recollelas nos Servizos Sociais do Concello de Carballo. Tamén poden descargarse os modelos na páxina do Programa de Termalismo Social, onde pode ampliarse a información desta iniciativa.

Compartir: