AS MEDIDAS DE PREVENCIÓN E VIXIANCIA QUE A CONCELLERÍA DE XESTIÓN MUNICIPAL DESENVOLVE DESDE O 22 DE DECEMBRO REMATAN O DÍA 5
Mércores 2 de xaneiro do 2008
A Concellería de Xestión Municipal desenvolve desde o pasado día 22 de decembro e ata o 5 de xaneiro a campaña de seguridade de Nadal. Coa mesma, o Concello de Carballo pretende, a través da vixiancia e da prevención, mellorar todos os aspectos relacionados coa seguridade pública nestas semanas festivas. "Ata o de agora non se rexistraron incidencias de importancia e iso quere dicir que a campaña está a ser efectiva", confirma Benedito Costa, concelleiro de Xestión Municipal.
A INICIATIVA PARTE DAS CONCELLERÍAS DE TERCEIRA IDADE E DEPORTES E ESTÁ A TER UN GRAN ÉXITO TANTO NO ÁMBITO URBANO COMA NO RURAL
Venres 28 de decembro do 2007
Máis de 300 persoas participan na actualidade no Programa de Exercicio Físico para Maiores de 60 anos do Concello de Carballo, que organizan de forma conxunta as Concellerías de Terceira Idade e Deportes. Esta iniciativa, que está a ter un gran éxito tanto no ámbito urbano coma no rural, ten como obxectivo primordial elevar a calidade de vida das persoas anciáns mediante a práctica dun exercicio moderado.
O OBRADOIRO 'ESCRIBE O TEU GUIÓN, SE O PROTAGONISTA DA TÚA HISTORIA, DESENVOLVERASE OS DÍAS 27 E 28 EN HORARIO DE 17.00 A 19.00
Xoves 27 de decembro do 2007
O director xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Rubén Cela, acudiu hoxe a Carballo para participar no acto de presentación do obradoiro de educación sexual 'Escribe o teu guión, se o protagonista da túa historia'. Esta actividade formativa está organizada polos centros Quérote coa colaboración da Concellería de Xuventude e desenvolverase hoxe e mañán no Pazo da Cultura en horario de 17.00 a 19.00. Na presentación tamén estiveron o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Xuventude, Marcos Trigo.
DESPOIS DE REMATAR OS TRABALLOS NAS PARROQUIAS DE RAZO E OZA; REBORDELOS, NOICELA E LEMA RECIBIRÁN O SERVIZO EN BREVE
Mércores 26 de decembro do 2007
Os membros das brigadas municipais de Medio Ambiente continúan as súas tarefas de mantemento e limpeza das fontes e lavadoiros que están espalladas ao longo do municipio carballés. Estos traballos, que comezaron hai dous meses, están a piques de rematar porque despois de actuar recentemente nas parroquias de Oza e Razo, onde tamén se limpou a Escola Unitaria de Nétoma, so quedan agora as de Rebordelos, Noicela e Lema, que recibirán este servizo nos primeiros días do ano 2008.
AS OBRAS FORON ADXUDICADAS Á EMPRESA CRC POR 10 MILLÓNS DE EUROS E DEBERÁN ESTAR REMATADAS ANTES DE ANO E MEDIO
Mércores 26 de decembro do 2007
A primeira hora da mañá de hoxe comezaron as obras de ampliación do Parque Empresarial de Carballo. As tarefas principiaron polo desbroce de parte dos 718.500 metros cadrados sobre os que se actuará nesta primeira fase do proxecto. A empresa CRC é a adxudicataria destes traballos, que dispoñen dun orzamento de 10 millóns de euros e dun prazo máximo de execución de 18 meses.
A ACTUACIÓN CONTA CUN ORZAMENTO DE 10 MILLÓNS DE EUROS E REALIZARASE SOBRE UNHA SUPERFICIE DE 718.500 METROS CADRADOS
Sábado 22 de decembro do 2007
O mércores día 26 de xaneiro comezarán as obras de ampliación do Parque Empresarial de Carballo, que foron adxudicadas pola Xunta á empresa CRC por 10 millóns de euros. Esta primeira fase da actuación realizarase sobre un total de 718.500 metros cadrados, pero o proxecto completo precisará dun investimento que rondará os 35 millóns de euros. Esta cifra será a máis elevada que endexamais se inverteu en Carballo nunha obra pública.
AS OBRAS FORON ADXUDICADAS POR PRETO DE 57.000 EUROS E EMPREGARANSE MATERIAIS AVALADOS POLA FIBA E A IHF
Sábado 22 de decembro do 2007
Os traballos de substitución do pavimento do pavillón de Bergantiños, ubicado na rúa Carballo Calero, comezaron esta semana. As obras foron adxudicadas por preto de 57.000 euros e servirán para dotar á instalación dun firme de linóleo que, segundo os informes técnicos dos que dispón a Concellería de Deportes, valorouse como a mellor opción para a práctica deportiva que se desenvolve na instalación.
SERÁ POSIBLE GRACIAS AO CONVENIO SUSCRITO ENTRE O CONCELLO DE CARBALLO, A CÁMARA DE COMERCIO DA CORUÑA E AFIGAL
Venres 21 de decembro do 2007
A sociedade de garantía recíproca Afigal facilitará as tramitacións dos seus avais e asesoramento financiero ás pequenas e medianas empresas (pemes) da comarca da Costa da Morte desde a Antena Cameral de Carballo. Esto será posible gracias ao acordo asinado hoxe, 21 de decembro, nas dependencias municipais de Carballo entre o Concello, a Cámara de Comercio da Coruña e Afigal.
ADEMAIS CONCEDEU CADANSEU ACCÉSIT A ALEJANDRO COSTA, ELENA FARIÑA, AARÓN BALDOMIR, LUCÍA MIRANDA E DAVID CASTRO
Mércores 19 de decembro do 2007
Os meniños premiados nos concursos de postais e de carteis de Nadal recibiron hoxe os seus galardóns no salón de plenos da Casa do Concello. Ao acto asistiron o alcalde, Evencio Ferrero, a concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, a titular de Educación, Mar Eirís e os pais dos sete nenos e nenas que resultaron gañadores nos certames escolares de Nadal promovidos polo Concello.
DESENVOLVERASE NO 2008 E PERMITIRÁ TRÁMITES ADMINISTRATIVOS ON-LINE E A IMPLANTACIÓN DUN SISTEMA XEOGRÁFICO DE INFORMACIÓN
Martes 18 de decembro do 2007
O Concello de Carballo aprobou hoxe na súa Xunta de Goberno un proxecto que "situará á vila na vangarda estatal de aplicación das novas tecnoloxías á xestión municipal", según explicou o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel García Guillín. Esta iniciativa desenvolverase durante o ano 2008 e permitirá aos veciños e veciñas resolver on-line un sinfín de trámites administrativos co Goberno municipal. Tamén ofrecerá un servizo de localización a través dun sistema de información xeográfica de diferentes puntos de interés de Carballo, como os negocios abertos -clasificados por actividades- ou información demográfica.
O GASTO EN INVESTIMENTOS AUMENTARÁ EN MÁIS DE 790.000 EUROS E AS ESCOLAS INFANTÍS RECIBIRÁN UN TOTAL DE 1,5 MILLÓNS DE EUROS
Luns 17 de decembro do 2007
O Concello de Carballo aprobará os seus orzamentos máis elevados da historia -21.307.749 euros- no pleno que se celebrará o vindeiro día 27 de decembro. Así o confirmaron o sábado día 15 de decembro en rolda de prensa o alcalde, Evencio Ferrero, o tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, José Antonio Viña e a concelleira de Facenda, María Jesús Vázquez. Estes orzamentos está nivelados nos capítulos de gastos e ingresos e supoñen un incremento da inversión prevista con respecto ao ano 2007 dun 6,5%. Por outra banda, o organismo autónomo administrativo Padroado Deportivo Municipal presenta tamén un orzamento nivelado no referente aos gastos e ingresos, que se sitúa en 850.498 euros.
AS ACTUACIÓNS PRETENDEN REDUCIR A ACCIDENTALIDADE, MELLORAR A FLUIDEZ DO TRÁFICO NO CASCO URBANO E A SEGURIDADE DOS PEÓNS
Sábado 15 de decembro do 2007
Despois das últimas boas novas aportadas pola Garda Civil e a Policía Local na última Xunta Local de Seguridade celebrada o pasado mércores 12 de decembro, que constataron un incremento da seguridade viaria no municipio, desde a Concellería de Tráfico de Carballo estúdianse novas medidas que poidan reforzar e consolidar no futuro esta tendencia positiva. Todas estas actuacións, que afectarán soamente ao casco urbano, recolleranse nun Plan de Seguridade Viaria que se está a elaborar e comezará a desenvolverse no vindeiro ano 2008. Estas contará cunha inversión superior aos 70.000 euros, según destacou Benedito Viña, concelleiro responsable de Tráfico.