INFRAESTRUTURAS E SERVIZOS BÁSICOS
Martes 10 de xuño do 2008
A segunda fase das obras para completar a rede de saneamento lo lugar de Añón, na parroquia de Berdillo, principiou esta semana. O prazo máximo de execución destes traballos é de seis meses e a empresa adxudicataria dos mesmos é Ramón Vázquez. Esta obra forma parte do Plan de Obras e Servizos que financia a Deputación da Coruña.
O CONCELLO DARALLE CONTINUIDADE Á INICIATIVA E PLANTÉXASE EXTENDELA A MÁIS PARROQUIAS O VINDEIRO CURSO
Luns 9 de xuño do 2008
Máis de 200 persoas participaron o día 7 de xuño na clausura do programa 'Exercicio Físico para maiores', unha exitosa iniciativa promovida conxuntamente polas Concellerías de Deportes e Terceira Idade e que se enmarca no programa municipal 'Carballo Saudable'.
O DEPORTE UNIU A XÓVENES E MAIORES
Luns 9 de xuño do 2008
A primeira edición da Festa do Deporte celebrouse o domingo, día 8 de xuño, en Carballo e centos de veciñas e veciños do municipio desfrutaron da actividade física sumándose así a esta celebración autonómica. A xornada saldouse cun gran éxito de participación e organizativo e aínda que o tempo non acompañou a primeira hora da mañán, as nove especialidades deportivas ofertadas polo Concello contaron cun elevado número de practicantes de todas as idades.
SEGURIDADE VIARIA
Xoves 5 de xuño do 2008
Os Concelleiros de Xuventude dos Concellos de Carballo, Marcos Trigo; Arteixo, Lucía Ferreiro; e A Laracha, Patricia Bello, presentaron hoxe día 5 de xuño as novas rutas do Noitebús. Esta ampliación do servizo inclúe modificacións en dúas rutas: na da Coruña a Carballo dos venres (que entrará en funcionamento o 6 de xuño) e na mesma que circula os sábados (estrearase o día 7).
DESENVOLVERASE ENTRE OS DÍAS 15 E 17 DE XULLO NO PAZO DA CULTURA
Mércores 4 de xuño do 2008
O Pazo da Cultura de Carballo acollerá entre os días 15 e 17 de xullo do presente ano 2008 o IV Curso de verán 'Traballando en Lingua': novas tecnoloxías e dinamización lingüística. Esta será unha nova edición dunha acción formativa que xa se desenvolveu durante os tres últimos anos na cidade da Coruña, e que no presente exercicio, e por primeira vez, terá lugar en Carballo. Esto será posible grazas ao convenio de colaboración que asinaron hai unhas semanas o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o reitor da Universidade da Coruña (entidade organizadora do curso), José María Barja.
ORGANIZADAS POR AXOBER EN COLABORACIÓN CO CONCELLO
Luns 2 de xuño do 2008
O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, clausurou onte, día 1 de xuño, no Pazo da Cultura a IV edición das 'Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético' destacando o valor didáctico que teñen entre o sector profesional e o aspecto divulgativo das actividades programadas neste congreso, organizado pola Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober) en colaboración co Concello. O primeiro edil recordou a súa profesión como docente para recordar que a educación é básica para garantir o futuro e, desde ese punto de vista, o coñecemento é unha ferramenta vital.
PLENO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Venres 30 de maio do 2008
A Deputación da Coruña celebrou hoxe, 30 de maio, un Pleno que deparou dúas "magníficas noticias para a nosa vila", segundo valorou o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Porque na sesión plenaria celebrada polo organismo provincial ás 12.00 horas aprobouse a concesión de dúas subvencións para o municipio. A primeira, de 500.000 euros, destinada a impulsar a Casa dos Oficios e a segunda para a construcción dun segundo campo de herba artificial nas Eiroas.
CONCELLERÍA DE OBRAS E SERVIZOS
Venres 30 de maio do 2008
O Concello de Carballo está a rematar os traballos para acondicionar a parcela de Rego da Balsa como un aparcamento provisional con capacidade para máis de 100 automóbiles. Esta actuación súmase á desenvolvida recentemente na zona do Pazo da Cultura coa mesma finalidade. En total, o Goberno Local calcula que con ambas as dúas iniciativas se gañan máis de 300 prazas de aparcamento gratuíto para turismos no casco urbano.
CARBALLO GAÑA BANDEIRAS AZUIS CANDO EN ESPAÑA E EN GALICIA SE REDUCEN ESTES DISTINTIVOS DE CALIDADE
Xoves 29 de maio do 2008
Carballo será un dos poucos concellos galegos e españois que conseguirá durante o verán 2008 ampliar o número de bandeiras azuis nas súas praias. O ano pasado soamente Razo dispuxo deste distintivo de calidade que outorga cada ano a ONG Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor. A última listaxe que premia coa bandeira azul aos mellores areais europeos fíxose pública onte, día 28 de maio. E ademais de volver certificar a calidade de Razo, concedeulle a bandeira azul tamén ao areal da Pedra do Sal, contiguo ao complexo dunar de Razo-Baldaio.
SIMPOSIO MEDIOAMBIENTAL
Xoves 29 de maio do 2008
O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, participou hoxe -día 29 de maio- na inauguración das IV Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético de Carballo. Este certame - organizado pola Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober) en colaboración co Concello- está centrado nos últimos avances, normativas e novidades do sector das enerxías limpas e contou no día da súa estrea con numeroso público. Este acto inaugural contou tamén coa presenza de Emilio Fernández.
MELLORA DOS SERVIZOS
Mércores 28 de maio do 2008
A Concellería de Obras e Servizos do Concello de Carballo, responsabilidade de Lois Lamas, rematou a semana pasada diferentes obras na parroquia de Rus para dotar dos servizos de saneamento e recollida de augas pluviais aos lugares de Outón e Alborín aproveitando os traballos acometidos pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes (CPTOPT) para mellorar o firme da estrada AC-400 que une as localidade de Sigrás e Muros.
CONVENIO ENTRE O CONCELLO E SOGAMA
Mércores 28 de maio do 2008
O Concello de Carballo ultima os preparativos para o desenvolvemento do programa piloto de compostaxe doméstica no ámbito rural do municipio. Onte, día 27 de maio, celebrouse no Pazo da Cultura a primeira xuntanza de traballo entre as cincuenta familias da parroquia de Oza seleccionadas para participar nesta pioneira experiencia, que será posible gracias á sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e Sogama cunha vixencia dun ano. Neste reunión tamén estiveron presentes o Concelleiro de Medio Ambiente, José Antonio Viña, e a técnica de Adega, María Rodríguez.