O PROGRAMA GARANTE UNHA ALIMENTACIÓN EQUILIBRADA E DE CALIDADE
Venres 21 de agosto do 2009
A Concellaría de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo, da que é responsábel Dores Silveira, valora de xeito moi positivo a implantación deste programa logo de que transcorrese o primeiro mes desde a súa posta en marcha. Están a estudarse novos casos co fin de cubrir as 30 prazas que o Carballo ten reservadas para 2009.
OS COMPRADORES/AS DISPORÁN DE FACILIDADES ESPECÍFICAS E FINANCIAMENTO ESPECIAL
Venres 21 de agosto do 2009
O núcleo urbano de Carballo acolle o vindeiro sábado 29 e domingo 30 de agosto unha nova edición de Berocasión.
DO 27 AO 30 DE AGOSTO
Mércores 19 de agosto do 2009
Libros, actividades lúdicas, presentacións, actuacións, autoras e autores da comarca e do país, cinema, recitais, pan e moitas outras propostas encherán de vida, imaxinación e creatividade o Xardín Municipal de Carballo durante catro días. Do 27 ao 30 de agosto unha nova edición da Praza dos Libros que cada ano pretende promocionar a lectura e achegarlle á cidadanía o libro e os produtos culturais galegos.
MÁIS DE 250 PERSOAS PARTICIPAN NAS ESCOLAS DE VERÁN DE VOLEI
Venres 14 de agosto do 2009
A praia de Razo acolle por segundo ano consecutivo as Escolas de Volei Praia, así como competicións diarias deste deporte na explanada, nas que se teñen inscrito ao longo deste verán un total de 268 persoas, con 210 adultos e 58 nenos e nenas.
O PRAZO DE EXECUCIÓN É DE 25 MESES
Mércores 12 de agosto do 2009
O Diario Oficial de Galicia vén de anunciar esta semana a adxudicación definitiva do proxecto e obra dos colectores xerais e da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Ardaña (na imaxe o Pazo de Gontade, en Ardaña), que afecta aos municipios de Carballo e Coristanco. A empresa que se encargará de realizar os traballos é 'CRC Obras e Servizos' e o orzamento base de licitación chegaba até os 2.391.534,17 euros, mentres que o orzamento final de adxudicación é de 2.157.756 euros (1.860.135 euros sen IVE). O 70 por cento do importe deste proxecto será achegado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Fondos Feder). O prazo de execución das obras é de 25 meses a contar a partires da sinatura do contrato.
O 23 DE AGOSTO EN BÉRTOA
Luns 10 de agosto do 2009
Carballo convértese o 23 de agosto na sede do 'I Circuíto BTT (Bicicleta Todo Terreno) 12 horas', a primeira proba que se celebra en Galicia nesta modalidade e tamén a primeira que ten lugar no noroeste peninsular. A cita -organizada polo Club Ciclista Carballo e a Peña Media Ducia en colaboración co Concello- conta cun percorrido de 17 quilómetros que terá a súa saída e chegada no polígono industrial de Bértoa. Está previsto que nesta proba participen afeccionados á bicicleta chegados de toda Galicia, pero tamén doutros puntos de España (como Madrid ou Granada) e contará con competición en modalidade individual e por equipos. O horario da proba é de 8.00 a 20.00 horas.
ÉXITO DA I XORNADA DO DEPORTE E TURISMO SEN BARREIRAS
Venres 7 de agosto do 2009
O Pazo da Cultura de Carballo vén de acoller o mércores 5 de agosto a 'I Xornada Galega do Deporte e Turismo sen Barreiras', unha cita na que se reflexionou sobre o mundo da discapacidade e o dereito de acceso en igualdade das persoas ao deporte, ao lecer e ao turismo. No desenvolvemento da Xornada, os asistentes recoñeceron que son precisos os investimentos para facilitar a normalización do acceso a diversas instalacións para as persoas con discapacidade, tanto na súa condición de persoa como na de deportista. Tamén se falou de fomentar a inclusión de todas as persoas na sociedade, e no caso do deporte, esixen que se fale de deportistas non de discapacitados.
VENRES 7 DE AGOSTO NO XARDÍN E NA PRAZA DO CONCELLO
Xoves 6 de agosto do 2009
O venres 7 de agosto continúa a programación do Verán Cultural 2009 con dúas actividades destinadas tanto a público infantil como adulto. O Xardín Municipal e a Praza do Concello son os escenarios onde a compañía Elefante Elegante e o grupo folk Ophiusa, respectivamente, ofrecerán espectáculos moi diversos ante o público carballés. Ás 20.00 horas é a quenda de Elefante Elegante, que presenta 'Tristán cara de can' un espectáculo onde as palabras transfórmanse en xestos nunha comedia visual e xestual dirixida ao público familiar. E ás 22.30 horas o grupo folk Ophiusa presenta o seu último traballo 'Paos', unha nova proposta que xorde a partires da música tradicional galega.
CARBALLO REXISTROU UN 20 POR CENTO DE NOVOS DOADORES
Mércores 5 de agosto do 2009
A campaña 'Este verán salva vidas. Comparte saúde. Doa Sangue', promovida o luns 3 e o martes 4 de agosto no municipio coruñés de Carballo polo Centro de Transfusión de Galicia (CTG), Protección Civil e o Concello, acadou un excelente índice de participación, chegando a un total de 119 doazóns de sangue, das que o 20 por cento (24 doazóns) correspondíanse con cidadáns que efectuaban a súa primeira doazón de sangue. A iniciativa consistiu na distribución de información sobre a doazón de sangue nos domicilios dos veciños e veciñas de Carballo por parte da corporación municipal e de Protección Civil de Carballo, que tamén promoveu a iniciativa nas praias do municipio.
O ALCALDE ABRIU A ACTIVIDADE NO PAZO DA CULTURA
Mércores 5 de agosto do 2009
O Pazo da Cultura de Carballo vén de acoller o 5 de agosto a 'I Xornada Galega do Deporte e Turismo Sen Barreiras', unha cita que naceu coa arela de divulgar os dereitos de todos os cidadáns en igualdade de oportunidades, especialmente no que respecta ao deporte e ao tempo de lecer. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, expresou no acto inaugural o compromiso do Concello coa accesibilidade e desexou que a xornada non sexa só "un panexírico do bo que queremos facer no futuro, senón unha xornada de reflexión e de avance na eliminación de barreiras". Entre as 10.30 e as 14.00 horas o Pazo da Cultura acolleu dúas conferencias e dúas táboas redondas coa participación de entidades como Íntegro, Aspaber, a Red Española de Turismo Accesible (Redestable), ou o Centro de Deporte Adaptado de La Molina, patrocinado pola Fundación Cruyff.
A EMPRESA É A CORUÑESA ABADEUS ARQUITECTURA SLP
Luns 3 de agosto do 2009
A Xunta de Goberno Local reunida o luns 3 de agosto en sesión ordinaria vén de acordar a adxudicación definitiva do contrato de servizos para a 'Redacción do proxecto básico e de execución da obra Remodelación do mercado municipal do Concello de Carballo'. O importe da actuación é de 93.960 euros e a empresa encargada de afrontar este traballo é Abadeus Arquitectura SLP, que conta con domicilio social na Coruña. No seu momento, na mesa de contratación, Abadeus recibiu a máxima puntuación despois de ser avaliada e de terse elaborado un informe por parte dun grupo de expertos. O prazo de execución previsto para a redacción do proxecto é de 58 días naturais contados a partires da notificación do acordo de adxudicación do contrato.
SÁBADOS E DOMINGOS ENTRE O 8 E O 30 DE AGOSTO
Sábado 1 de agosto do 2009
Un total de 16 locais de hostalería da capital municipal participan na I Ruta do Pincho de Verán do Concello de Carballo, unha iniciativa que terá lugar durante as fins de semana entre o 8 e o 30 de agosto e que forma parte da promoción dos Feiróns de Tempada. Os establecementos que colaboran coa iniciativa ofrecerán os sábados e domingos de 12.00 a 14.00 horas e de 20.00 a 22.00 pinchos de balde coas consumicións.