MEDIO AMBIENTE E NOVAS TECNOLOXÍAS
Venres 18 de setembro do 2009
O Concello de Carballo vén de presentar un vídeo promocional da lagoa de Baldaio co obxectivo de recoller os principais aspectos do ecosistema da marisma e así acadar a difusión e protección deste espazo natural que se caracteriza por estar incluído dentro da Rede Natura 2000 e por contar con más de 250 especies de invertebrados e 68 especies de algas, sendo un observatorio de aves especialmente aprezado polos ornitólogos. Este documento audiovisual conta cun minuto e medio de duración e está pensado para poder ser distribuído a través das novas tecnoloxías da información e da comunicación mediante teléfonos móbiles, iPod, correo electrónico e na Internet.
O ARTISTA CARBALLÉS MANUEL FACAL PARTICIPA NA MOSTRA
Venres 18 de setembro do 2009
A sala da baixocuberta do Pazo da Cultura de Carballo acolle dende hoxe, e até o 4 de outubro, a exposición 'Arte na provincia. Espazo e creación', organizada pola Deputación da Coruña. A mostra consta de 16 obras de artistas contemporáneos vinculados ao universo coruñés e nados entre os anos 1920 e 1945. Comparten o feito de que abordan amplos campos da creación: pintura, escultura, deseño, gravado, debuxo e intervención en espacios públicos; e que realizan a súa obra dende o comezo das súas traxectorias baixo unha mentalidade de vangarda.
OBRAS E SERVIZOS
Xoves 17 de setembro do 2009
Varios operarios da empresa Ifecgas Pereira SL, adxudicataria dos traballos, veñen de principar as obras para a ‘Instalación do alumeado no campo de fútbol anexo das Eiroas', coa axuda dunha grúa. Trátase dun proxecto incluído na terceira fase do Plan Especial de iluminación e outros complementos para campos de fútbol municipais de herba artificial da Deputación da Coruña. O importe de adxudicación é de 58.184,73 euros e con este proxecto dótase ao campo anexo dunha mellora no alumeado artificial coa instalación de novas torres.
ATÉ MEDIADOS DE OUTUBRO
Xoves 17 de setembro do 2009
O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Promoción Económica, vén de principiar unha forte campaña de comunicación conxunta para impulsar o desenvolvemento do sector da construción, un dos que máis están a sufrir a actual crise económica e tamén un dos sectores empresariais máis importantes no municipio de Carballo, que no ano 2007 representaba case o 23 por cento das empresas municipais, segundo datos do Instituto Galego de Estatística (IGE). Aínda que o Concello iniciou xa o pasado ano o programa de Feiróns de Tempada, pensando precisamente no apoio aos diferentes sectores empresariais do municipio, os datos indican que o sector da construción require dun compromiso máis específico.
GRANDE AFLUENCIA DE PÚBLICO
Mércores 16 de setembro do 2009
O equipo valenciano do Maristas de Algemesí alzouse co título no 'VI Torneo Internacional de Balonmán Concello de Carballo' disputado a pasada fin de semana, logo de derrotar nunha vibrante e apaixonante final ao Ademar de León. Fantástica final a que ofreceron estes dous conxuntos ante o numeroso público que encheu as bancadas do Pavillón Vila de Noia da capital municipal. Foi un partido cheo de calidade e intensidade que se decidiu a prol dos valencianos na quenda de penaltis por 3-2, logo de chegarse ao final dos 60 minutos con igualada a 33 e ao remate da prórroga con empate a 39.
18 E 19 SETEMBRO EN CARBALLO
Luns 14 de setembro do 2009
O festival XiriaPop celebrarase os vindeiros días 18 e 19 de setembro na Sala Dublín. A cita presentouse no concello coa presenza do alcalde Evencio Ferrero, do concelleiro de Xuventude Marcos Trigo e do organizador Xabier Graña da Asociación O Molete Psicopop.
O ABONO FAMILIAR SÓ CUSTA 20 EUROS
Luns 7 de setembro do 2009
O Concello presentou esta fin de semana a oferta deportiva municipal para a nova tempada, na que se pretende achegar a actividade física a todos os veciños e veciñas, tanto aos do centro urbano como aos do rural, e ofrecerlles actividades para diferentes idades e sexos.
AXUDAS PARA A IMPLANTACIÓN DA TDT
Venres 4 de setembro do 2009
Os/as cidadáns que teñen máis 65 anos ou algunha discapacidade visual ou auditiva poden informarse no Concello de se reúnen os requisitos para solicitar un sintonizador de Televisión Dixital Terrestre.
148.380,88 EUROS PARA DOTAR DE ENERXÍA SOLAR A PISCINA MUNICIPAL
Venres 4 de setembro do 2009
O Concello de Carballo xa ten o proxecto redactado e os terreos dispoñibles, polo que as obras comezarán este mesmo ano co obxectivo de que o novo centro social entre en funcionamento no curso 2010-2011. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o presidente da Deputación, Salvador Fenández-Moreda asinaron onte o convenio.
DÍAS 4, 5 E 6 DE SETEMBRO NO CIRCUITO MUNICIPAL DE CARBALLO
Xoves 3 de setembro do 2009
Un total de 72 persoas, divididas nas modalidades de turismos e kartcrós, participarán esta fin de semana en Carballo na penúltima proba do campionato de España de autocrós. Esta será a primeira carreira que se celebre na Costa da Morte pertencente ao campionato estatal e nela poderán decidirse os títulos nas diferentes categorías.
REMATA A I RUTA DO PINCHO DE VERÁN
Venres 28 de agosto do 2009
Esta fin de semana celébrase o Feirón de Verán, programa enmarcado dentro dos Feiróns de tempada, e que coincidindo co feirón -ou quinto domingo de mes- os visitantes poderán coñecer e gozar da oferta agroforestal, comercial e industrial das nosas empresas. Nesta ocasión as principais actividades que se van desenvolver son a 'I Ruta do Pincho de Verán' e 'Berocasión'.
12 E 13 DE SETEMBRO
Venres 21 de agosto do 2009
Onte celebrouse na Casa do Concello de Carballo o acto de presentación do "VI Torneo Internacional de Balonmán Concello de Carballo", que se desenvolverá nos pavillóns carballeses da Vila de Noia (Zona Escolar) e Carballo Calero (Bergantiños) os vindeiros días 12 e 13 de setembro.