Inicio Carballo ao día Hemeroteca Remata a exposición do IX Certame...

CULTURA

Remata a exposición do IX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Luns 15 de xaneiro do 2007

O Pazo da Cultura acolle desde o pasado mércores a exposición Nazón de Breogán. A exposición quere explicar por que cantamos no himno galego á nazón de Breogán e mesmo por que temos himno, ademáis doutros aspectos como o feito de que hai 70 anos xa se tivo un Estatuto de Autonomía, por que Galicia deixou de ser reino e outros moitos porqués para unha mostra que servirá para alentar a curiosidade polo coñecemento histórico e polo descubrimento do noso pasado. A exposición Nazón de Breogán preséntase baixo o lema Un xeito de soñar Galicia e poderá visitarse até o 10 de febreiro.

Compartir: