Inicio Carballo ao día Hemeroteca A directora xeral de Comercio coñeceu as...

COMERCIO

A directora xeral de Comercio coñeceu as necesidades do mercado municipal

Venres 12 de xaneiro do 2007

A visita polo mercado prolongouse por espazo de máis dunha hora, na que a directora xeral de Comercio recolleu a opinión sobre o estado do mercado de abastos por parte dos concesionarios dos postos, ademáis de manifestarlles a próxima realización dunas xornadas sobre urbanismo comercial, para que os comerciantes teñan información e podan chegar a un consenso para o que se quera do mercado. Ana Rúa engadiu aos comerciantes que a dotación dun novo edificio comercial sería bo non só para a xente da praza, senón para todo Carballo, ademáis de manifestar o compromiso da Xunta de Galicia para potenciar e modernizar este tipo de instalacións. Ana Rúa dixo, sobre o edificio, que "non está nunhas condicións óptimas e, agora, o que compre é a realización dun estudo por parte de xente especializada en mercados municipais e que contemple non só a cuestión infraestructural, senón a mercadotecnia. Trátase de que o mercado se convirta do motor do comercio de Carballo. Por ubicación, e máis tendo en conta a peonalización de varias rúas adxacentes, un bo proxecto pode facer que se convirta nese motor". A directora de Comercio abogou pola unidade e implicación dos comerciantes, ademáis de defender a aporsta da Xunta de Galicia polo comercio de proximidade.

Compartir: