Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comeza a construcción de beirarrúas...

OBRAS

Comeza a construcción de beirarrúas no entorno do Instituto Alfredo Brañas

Luns 9 de xaneiro do 2006

A inversión prevista para esta actuación ronda os 59.000 euros. Ademáis, o grupo de goberno baralla a opción de derribar un dos antigos depósitos de auga ubicados nese entorno, a raíz dos traballos de construcción de beirarrúas. O depósito, ao parecer, entorpece a instalación de tuberías, polo que se está pendente dun informe técnico para decidir sobre a viabilidade do derribo do mesmo. No que respecta á dotación de beirarrúas, o Concello ten previsto acometer outro proxecto no barrio de San Cristovo, cunha dotación de económica de 51.000 euros. Os traballos afectarán ás rúas Rosas, Mirtos, Amapola e Dalias.

Compartir: