Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello procede ao acondicionamento de varios...

ENSINO

O Concello procede ao acondicionamento de varios centros de ensino durante o Nadal

Venres 5 de xaneiro do 2007

As actuacións realizadas durante estas dúas semanas consistiron na habilitación dun cobertizo ou zona cuberta no CEIP Fogar, logo de que o temporal de meses pasados causara graves danos na marquesina do centro. Ademáis, procedeuse ao pintado da zona infantil do CEIP Bergantiños, ademáis de acondicionar as aulas con corcho para evitar os problemas de frío e humidades. O Concello procedeu, igualmente, ao pintado da Escola Unitaria de Xoane e comezou co cambio de sistema de calefacción nas Unitarias, un proceso que aínda non está rematado. Igualmente, o Concello procederá, pouco a pouco, a poñer tarima flotante nas Unitarias, comezando polas de Artes e Cances. Asimesmo, está prevista a instalación dunha zona cuberta para os pequenos na Escola Unitaria de Entrecruces.

Compartir: