Restricións no tráfico por mor da instalación das vigas da nova ponte da rúa Fomento
Venres 31 de xaneiro do 2025
Para a semana que vén está prevista a instalación das vigas da nova ponte da rúa Fomento. Con motivo das obras quedará restrinxida a circulación rodada na rúa Río Anllóns, no treito ata Río Miño, e na avenida de Fisterra, desde o cruce coa rúa Mahón. Tamén quedarán suprimidas as prazas de aparcamento situadas nese treito da avenida de Fisterra.
O corte de tráfico prolongarase desde o luns 3 ao mércores 5 de febreiro. Os desvíos para condutores estarán debidamente sinalizados.