Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta amplía o prazo de solicitudes para...

SERVIZOS SOCIAIS

A Xunta amplía o prazo de solicitudes para participar do Programa de Termalismo Social do Imserso

Venres 29 de decembro do 2006

O prazo de presentación de solicitudes para as quendas dos meses de xaneiro a agosto permanecerá aberto até o 15 de xaneiro de 2006, con prioridade na adxudicación de praza, e até o 16 de maio de 2007 para a súa inclusión na orde que corresponde na lista de espera. Para as quendas dos meses de setembro a decembro, o prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto até o 16 de maio de 2007, con prioridade na adxudicación de praza, e até o 31 de outubro de 2007 para a súa inclusión na orde que corresponde na lista de espera. No Programa de Termalismo Social pódense coñecer os requisitos para participar do mesmo, as estancias e tratamentos e outros aspectos relacioados coa iniciativa. Para facer a solicitude e consultar calquera tipo de dúbeda pódese facer nos Servizos Sociais do Concello de Carballo.

Compartir: