Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acollerá a finais de mes un...

DEPORTE

Carballo acollerá a finais de mes un maratón de fútbol sala feminino

Martes 19 de decembro do 2006

Os equipos participantes serán o Piso Perfecto, Amarelle A, Mesón Río Ulla, Amarelle B, Riazor, Narón, Foz, Fisober e Drako. O Esteiro, ademais, participará nos partidos de exhibición xunto con Amarelle e Fisober. O maratón de fútbol sala feminino desenvolverase a partir das 10.00 horas do día 30, e a final prevese para as 21.00 horas. As xogadoras carballesas terán moito protagonismo, xa que a súa presenza nos equipos de Amarelle e Fisober é moi alta. Todos os presentes no acto de presentación do evento destacaron a importancia de promocionar e facer patente o compromiso co deporte feminino, ademais de catalogar de grande acerto a inclusión do fútbol sala nesta categoría para un maratón en Carballo.

Compartir: