Inicio Carballo ao día Avisos Recomendacións para o público da...

Recomendacións para o público da sesión de fogos artificiais do San Xoán

Sábado 22 de xuño do 2024

- Entidade organizadora: Concello de Carballo.
- Nome da empresa de expertos: Pirotecnia Rocha-Areas S.L.
- Localización e hora de inicio: Agra da Lagoa. A hora prevista para o disparo de fogos artificiais será o sábado 29 de xuño de 2024 ás 00.30 horas (madrugada do venres 28 ao sábado 29).
- Estacionamento prohibido na rúa Vila de Negreira: A partir das 15.30 h do venres 28 de xuño ata ás 02.00h do sábado 29 de xuño.
- Corte de tráfico da rúa Vila de Negreira: A partir das 23.30 h do venres 28 de xuño ata as 02.00 do sábado 29 de xuño.

RECOMENDACIÓNS PARA O PÚBLICO

  1. Os fogos artificiais e as celebracións van xuntos. Pero os fogos artificiais poden ser perigosos e ocasionar graves queimaduras e lesións nos ollos.
  2. É convinte acudir coa antelación suficiente ao lugar de celebración, polo menos uns 30 minutos antes.
  3. Deben obedecerse as instrucións do persoal de seguridade e organización do evento e respectar as barreiras de seguridade. Non hai que achegarse ao lugar onde están lanzando os fogos. De feito, a mellor vista dos fogos artificiais é a 150 metros de distancia ou moito máis alá.
  4. No caso de acudir con nenos pequenos (non levar nunca bebés con carritos, etc., por propia seguridade) é convinte chegar pronto para situalos xunto á barreira de seguridade para unha maior comodidade
  5. No caso de sentirse mal (lipotimias, mareos) ou sufrir algunha ferida durante o espectáculo, acudir ao persoal de asistencia sanitaria, que estará situado de forma estratéxica ao longo da barreira de seguridade.
  6. Durante o disparo dos fogos artificiais é bastante frecuente, se estamos situados na dirección do vento, que caian restos de cinza. No caso de introducirse nos ollos, convén lavar con auga abundante e non restregarse.
  7. Aínda que é raro que aconteza, se un compoñente do lume artificial cae ao piso sen explotar preto de ti, non se debe tocar, nin empuxalo co pé (xa que se pode reactivar e explosionar). Hai que avisar inmediatamente a persoal de seguridade do evento: Policía, Bombeiros ou Protección Civil. Nunca o manipules.
  8. Deixar as mascotas na casa porque teñen os oídos sumamente sensibles ás explosións e adoitan ser moi desagradables para eles, en especial para os cans.

Compartir: