Inicio Carballo ao día Hemeroteca Convocada unha nova reunión da mesa de...

URBANISMO

Convocada unha nova reunión da mesa de contratación do proxecto de reforma do mercado e aparcamento soterrado

Domingo 12 de novembro do 2006

Logo de coñecer os informes solicitados sobre a viabilidade da oferta presentada pola UTE Benal-Aldesa, o goberno municipal manifestou a intención de propoñer a declaración de deserto ao concurso, ao reflexarse nos informes aspectos urbanísticos que non facían viable a actuación. A intención do Concello de Carballo, logo da celebración da mesa de contratación e a sesión plenaria correspondente, será o de elaborar un estudio comercial para determinar as dimensións do mercado e convocar un concurso de ideas urbanísticas.

Compartir: