Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello pon en marcha tres puntos de...

PARTICIPACIÓN CIDADÁN

O Concello pon en marcha tres puntos de información Administratel

Luns 4 de decembro do 2006

As terminales atópanse no Casa do Concello, na pranta baixa, na Ludoteca e no Pazo da Cultura. Segundo explicou Juan Díaz, representante da Unión Europea, o concepto das terminales "é o de achegar internet a todo o mundo e aplicar as novas tecnoloxías á terminal. Trátase de puntos de información nos que se poderán consultar recibos, licenzas ou retirar información". O concelleiro de Economía e Facenda, José Antonio Viña, salientou que "abrimos o apartado da atención telemática, para conseguir información e realizar diferentes xestións e que, ademáis, será ampliado con posterioridade". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou que "seguimos facendo esforzos para prestar o mellor servizo posible, eliminando agora barreiras temporais e de maior accesibilidade. Moi poucas administracións locais en Galicia están en disposición de prestar este servizo na actualidade". Outros puntos de información Administratel en Galicia atópanse na Subdelegación de Goberno en Lugo, Subdelegación de Goberno de Ourense e Delegación de Goberno en A Coruña.

Compartir: