Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os consellos parroquiais quedarán...

Os consellos parroquiais quedarán suspendidos durante a campaña electoral ao Parlamento de Galicia

Venres 29 de decembro do 2023 Participación veciñal

Durante a campaña das eleccións autonómicas do 18 de febreiro non se celebrarán consellos parroquiais, facilitando así a utilización dos centros sociais como locais electorais por parte das formacións políticas que poidan solicitar o seu uso na Xunta Electoral de Zona.

Deste xeito, o calendario previsto para este primeiro trimestre do ano experimenta algunhas variacións e queda do seguinte xeito:

  • 11 de xaneiro, Noicela-Rebordelos
  • 18 de xaneiro, Oza
  • 25 de xaneiro, Razo
  • 22 de febreiro, Rus
  • 29 de febreiro, Sísamo
  • 7 de marzo, Sofán
  • 14 de marzo, Verdillo
  • 21 de marzo, Vilela
  En todos os casos, as xuntanzas comezarán ás 20.00 horas.

Dende o Concello de Carballo queremos seguir fomentando a participación veciñal na xestión municipal, e os consellos parroquiais constitúen dende o ano 2017 unha canle fundamental. Nos consellos parroquiais participan o alcalde, Evencio Ferrero, e representantes de todos os grupos políticos municipais. Por parte da veciñanza hai participación do movemento asociativo, aínda que as portas están abertas a aquelas persoas que queiran sumarse a título individual. O obxectivo destes órganos de participación veciñal é recoller as propostas da cidadanía para telas en conta á hora de decidir sobre o investimento dos fondos públicos.

Compartir: