Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Banda Municipal de Carballo pechará o...

CULTURA

A Banda Municipal de Carballo pechará o ‘Novembro con Música’ o vindeiro sábado

Mércores 29 de novembro do 2006

O encargado de abrir a xeira de concertos foi Miro Casabella, con motivo do 30 aniversario da AC Lumieira. O Novembro con Música continuou co Concerto de Música Tradicional Sons de Aquí, no que participaron a Banda de Gaitas Municipal de Carballo, Cantareiras Xoldreira, Cantareiras Trullada, Cantareiras Espadela, Cantareiras Névedas, Cantareiras Arume, Grupo de Gaitas Nemeth e Grupo Folk Ruote, e a actuación de Doa e Rosa Cedrón con Cantigalia. O quinteto de corda Pizzicato, o Festival de Corais, no que participaron o Coro Aires de Bergantiños, a Coral Polifónica de Bergantiños e a Coral Polifónica de Carballo, Cool Hamster, o Grupo de Metais Santa Cecilia, a Orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais de Compostela e Coruña Brass completaron as actuacións antes da celebración de Santa Cecilia 2006, un concerto no que participaron a Coral Polifónica de Bergantiños, a Agrupación Artística Lucero del Alba de Neda e a Coral Fonte do Souto de Culleredo, e da ópera Bastián e Bastiana de Mozart.

Compartir: