Inicio Carballo ao día Hemeroteca O ‘Novembro con Música’ achega a...

CULTURA

O ‘Novembro con Música’ achega a ópera ‘Bastián e Bastiana’ ao Pazo da Cultura

Venres 24 de novembro do 2006

A finalidade desta iniciativa é a de facilitar a asistencia ao espectáculo sen posibles aglomeracións. O concerto está recomendado para nenos a partir de seis anos acompañados de adultos. Non hai reserva previa de entradas e, de quedar entradas disponibles para o día do espectáculo, poderán recollerse na taquilla do Pazo da Cultura a partir das 17,00 horas.

O programa do Novembro con Música complétase esta fin de semana coa actuación, o sábado 25, de Coruña Brass ao mediodía, a partir das 12,00 horas, cun concerto en familia baixo o nome de A forza do vento. Xa pola noite, a partir das 21,00 horas, terá lugar Santa Cecilia 2006, un concerto no que participarán a Coral Polifónica de Bergantiños, a Agrupación Artística Lucero del Alba de Neda e a Coral Fonte do Souto de Culleredo. Serán as actuacións precedentes ao peche do programa do Novembro con Música, previsto para o 2 de decembro cun concerto da Banda Municipal de Carballo.

Compartir: