Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno Local inicia o procedemento de...

A Xunta de Goberno Local inicia o procedemento de contratación do abastecementeo de auga a Entrecruces

Aprobada a convocatoria de subvencións para as festas populares

Luns 31 de xullo do 2023 Carballo ao día

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de contratación das obras da rede de abastecemento de auga dende Canosa (Rus) ata Entrecruces, que serán financiadas con 632.306,75 euros do POS+2023. Con este novo proxecto, o Con-cello de Carballo seguirá avanzando na extensión do ciclo da auga polo territorio municipal.

Precisamente están tamén a piques de comezar as obras da rede de abastecemento á zona baixa de Sofán e Verdillo, cun investimento de 700.000 euros. No POS+2023 ta-mén están incluídas as obras de aglomerado das estradas de Arnados (Razo) a Sam-bade (Rebordelos), por 576.614,01 euros, e de Pereiro Vello ata Outón (Rus), por 391.787,88 euros; a rede de abastecemento aos núcleos do Espiño, Ramil, O Piñeiro e Goiáns de Arriba, por 221.208,87, e a rede de pluviais en varias rúas do parque empre-sarial de Bértoa, por 353.476,44 euros.

Outros acordos

Na sesión de hoxe tamén foi aprobado un convenio coa ADC Voleipraia Costa da Morte para o desenvolvemento de actividades de promoción do deporte na praia de Razo a través das escolas deportivas de voleipraia, para as cales o Concello de Carballo achega 4.500 euros, e outro coa Fundación Luis Calvo Sanz para o espectáculo As catedrais silenciadas, que ofrecerán Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre este venres 4 de agosto na Praza do Concello, e que será patrocinado pola fundación con 8.000 euros.

Así mesmo, foi aprobada a convocatoria de subvencións para as festas populares deste ano. O importe das axudas determinarase segundo o número de días festivos que se celebren e nos que se realice unha verbena ou concerto na que actúe unha orquestra ou grupo musical en directo ou solista de consolidado renome e relevancia. Exclúense os solistas, dúos e os tríos de animación musical e os Djs. A axuda será de 400 euros por cada día de festa.

A0oXunta de Goberno Local tamén aprobou facturas e licenzas urbanísticas, e fóra da orde do día acordou a denegación da licenza de primeira ocupación das obras de reforma e ampliación dunha vivenda para destinala a escola infantil porque non se corres-ponden co proxecto autorizado polo Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, que emitiu informe desfavorable.

Compartir: