Inicio Carballo ao día Hemeroteca O ‘Novembro con Música’ achega cinco novos...

CULTURA

O ‘Novembro con Música’ achega cinco novos concertos para esta semana

Luns 20 de novembro do 2006

A programación do Novembro con Música completarase a fin de semana con tres novos concertos. O sábado 25 actuará Coruña Brass ao mediodía, a partir das 12,00 horas, cun concerto en familia baixo o nome de A forza do vento. Xa pola noite, a partir das 21,00 horas, terá lugar Santa Cecilia 2006, un concerto no que participarán a Coral Polifónica de Bergantiños, a Agrupación Artística Lucero del Alba de Neda e a Coral Fonte do Souto de Culleredo. O domingo 29 haberá lugar para a ópera con Bastián e Bastiana. Debido á expectación xerada e ao interese detectado no público, a Concellaría de Cultura pon a disposición dos interesados as entradas no Museo de Bergantiños, podendo retirarse 4 entradas por persoa como máximo. As entradas son gratuitas. A finalidade desta iniciativa é a de facilitar a asistencia ao espectáculo sen posibles aglomeracións. O concerto está recomendado para nenos a partir de seis anos acompañados de adultos. Non hai reserva previa de entradas e, de quedar entradas disponibles para o día do espectáculo, poderán recollerse na taquilla do Pazo da Cultura a partir das 17,00 horas. A ópera Bastián e Bastiana, de W. A. Mozart, é unha das principais novidades do programa, que ofrece a posibilidade de escoitar unha ópera en galego, A ópera foi estreada no Festival Mozart da Coruña.

Compartir: