Inicio Carballo ao día Novas Aberto ata o 14 de agosto o prazo de solicitude...

Aberto ata o 14 de agosto o prazo de solicitude das subvencións anuais a entidades sociais

Venres 26 de xullo do 2024 Benestar

Tras a publicación do extracto da convocatoria, as entidades prestadoras de servizos sociais teñen de prazo ata o 14 de agosto para solicitar as subvencións convocadas polo Concello de Carballo para asociacións sen ánimo de lucro, que poidan ser consideradas de interese social, contribuíndo á consecución de actuacións que de xeito prioritario se dirixan á poboación máis desfavorecida. A partida destinada a esta convocatoria acada, por segundo ano consecutivo, os 65.000 euros.

As bases e o extracto da convocatoria, así como o formulario de solicitude, poden descargarse máis abaixo.

Descargas

Compartir: