Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Proxecto Ríos realiza unha saída...

MEDIO AMBIENTE

O Proxecto Ríos realiza unha saída formativa no rio Bardoso

Venres 17 de novembro do 2006

O Proxecto Ríos consiste na inspección e seguemento de treitos de río por parte de colectivos, particulares e centros de ensino e que contarán con asesoramento, documentación e formularios achegados pola coordenación do Proxecto. Este Proxecto desenvólvese en Cataluña desde hai varios anos e agora está a ser implementado por ADEGA en Galiza, despois de adaptalo á realidade galega. O Proxecto Ríos e o primeiro proxecto de voluntariado ambiental que atinxe a todo o territorio galego e que trata de maneira específica algunha problemática ambiental. O Proxecto Ríos vén encher este baleiro, contribuíndo a incrementar a conciencia ambiental, partindo do principio da participación da cidadanía, tentando buscar solucións aos importantes problemas ambientais ligados aos ecosistemas fluviais. Dentro do Convenio de colaboración que a entidade Adega ten co Concello de Carballo, a dinamización do voluntariado do Proxecto Ríos e unha das actividades ofertadas, centros de ensino, asociación , entidades deportivas, etc, poderán sumarse a esta actividade de voluntariado e educación ambiental. Unha vez que elixan os treitos de rio realizarán e inspección de dous treitos do río, seguindo o protocolo marcado no material que o Proxecto Rios ten editado para tal fin.

Compartir: