Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobadas as bases para a selección de...

EMPREGO

Aprobadas as bases para a selección de alumnos e persoal do Obradoiro de Emprego ‘Oficios maiores de 25’

Martes 14 de novembro do 2006

O obradoiro terá unha duración de 12 meses e formará a 35 alumnos, 10 na especialidade de albanel, 12 na de pintor e 12 na de carpinteiro. O persoal para o obradoiro de emprego será constituido cun director, un mestre albanel, un mestre pintor, un mestre carpinteiro, un mestre de formación empresarial, un titor, un administrativo e un ordenaza-conductor. O sistema de selcción funadaméntase, no caso dos alumnos, na oferta de actividade. Deberán ter máis de 25 anos e ser demandantes de emprego en paro e incritos na oficina de emprego, sempre que poidan subscribir contrato de formación durante toda a duración do obradoiro. No caso da dirección e persoal, o procedemento utilizado consistirá na oferta de emprego, na que se adcuará o perfil dos candidatos a diferentes baremos. Estes candidatos forzosamente deberán estar inscritos na oficina de emprego xa sexa como parados ou como demandantes en mellora de emprego.

Compartir: