Inicio Carballo ao día Hemeroteca O ‘Novembro con Música’ achega dous novos...

CULTURA

O ‘Novembro con Música’ achega dous novos concertos esta fin de semana

Venres 10 de novembro do 2006

Antes, o sábado 11, terá lugar o xa tradicional Sons de Aquí, un concerto de música tradicional no que participan varias formacións de Carballo e no que, como novidade este ano, actuará como invitado o Grupo Folk Ruote. As formacións locais que tomarán parte no concerto serán a Banda de Gaitas Municipal de Carballo, Cantareiras Xoldreira, Cantareiras Trullada, Cantareiras Espadela, Cantareiras Névedas, Cantareiras Arume e o Grupo de Gaitas Nemeth. As actuacións darán comezo ás 21,00 horas no Pazo da Cultura. Os concertos do Novembro con Música retomaranse logo os días 18 e 19, cun concerto de corda, outro de jazz e o Festival de Corais.

Compartir: