Inicio Carballo ao día Hemeroteca A mesa de contratación require...

URBANISMO

A mesa de contratación require asesoramento externo para a valoración do proxecto do aparcamento soterrado e edificio comercial

Xoves 9 de novembro do 2006

O asesoramento, no plano técnico, virá da man de Jacobo Rodríguez-Losada Allende, técnico con experiencia en proxectos importantes, como foi o da Praza de Lugo en A Coruña. No tocante á parte económica, aínda está por decidir quén realizará esa valoración. Algúns dos datos que se desprenderon da xuntanza de hoxe foron o importe das obras, 11.958.390 euros (sin IVE), dos que a aportación municipal sería de 1.400.000 euros. O prazo de execución sería de 18 meses e o realoxo dos placeiros faríase no San Martiño.

Compartir: