Inicio Carballo ao día Hemeroteca En marcha as obras de construción do...

En marcha as obras de construción do segundo parque canino de Carballo

Mércores 8 de xuño do 2022 Carballo ao día

Esta semana arrincaron as obras de construción do Parque Canino da Braña, o segundo co que contaremos no noso concello. As obras, que foron adxudicadas á empresa Soluciones Constructivas Xemapal por 23.472,21 euros, inclúe a construción dun valado, formado por postes de madeira e tela metálica, cun perímetro de 115 metros e unha altura de 1,50 metros para delimitar unha superficie de 690 metros cadrados.

O parque canino contará con papeleiras e bancos para os/as propietarios/as das mascotas, e ademais estará dotado dunha fonte e de elementos de xogo e adestramento para os animais.

Compartir: