Inicio Carballo ao día Hemeroteca O alumnado de cociña do Fórum...

O alumnado de cociña do Fórum estrea o seu propio horto de herbas aromáticas e flores comestibles

As brigadas municipais de Xardíns e Obras acondicionaron un espazo para as plantas, que se complementou cunha sesión formativa para os alumnos e alumnas

Venres 8 de abril do 2022 Carballo ao día

O horto está situado xunto ás instalacións da Escola Municipal de Hostalaría

O horto está situado xunto ás instalacións da Escola Municipal de Hostalaría

No curso de cociña que estamos a impartir no Fórum Carballo van poder utilizar moi pronto herbas aromáticas e flores comestibles cultivadas polo propio alumnado.

Luis Lamas e Carmen Alonso, na xornada formativa

Luis Lamas e Carmen Alonso, na xornada formativa

As brigadas municipais de Xardíns e Obras remataron esta semana o acondicionamento dun pequeno horto no exterior das instalacións da Escola Municipal de Hostalaría, e o xoves a enxeñeira técnica agrícola Carmen Alonso ofreceu unha sesión formativa teórica e práctica. O concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, que tamén se achegou ata o Fórum Carballo para ver o resultado da actuación, felicitou ao equipo do curso de cociña pola iniciativa e animou ao alumnado a sacarlle o máximo proveito posible.

A última parte da xornada consistiu na plantación do horto. Coandro, menta, ceboliño, ourego, pirixel, tomiño, loureiro... e flores de distintas cores encherán en pouco tempo o pequeno horto, que constitúe un valor engadido á formación que están recibindo os 15 alumnos e alumnas de Eva Arba.

Compartir: