Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicadas por 226.050 euros as obras da rede de...

Adxudicadas por 226.050 euros as obras da rede de saneamento e abastecemento de auga a Vilar de Uz

Luns 14 de febreiro do 2022 Carballo ao día

A Xunta de Goberno Local adxudicou na sesión deste luns as obras da rede de saneamento e abastecemento de auga en Vilar de Uz, que serán executadas por Vázquez y Reino por 226.050,99 euros. A actuación, incluída no POS+Adicional da Deputación da Coruña, permitirá completar o servizo na parroquia de Oza.

Tamén foi adxudicado o contrato administrativo de subministración dunha aplicación informática para a pre-inscrición dixitalizada de exercicio físico aos usuarios dos servizos deportivos de prestación directa polo Concello de Carballo, da que se encargará a empresa Intelinova Software por 3.688,08 euros ao ano.

En materia de contratación tamén foi aprobado o expediente relativo ao contrato para o servizo de control diario e semanal de desinfectante e organolépticos, cun orzamento de 151.007,28 euros para os dous anos de duración inicial do contrato, que poderá prorrogarse por outros dous.

O goberno municipal deu luz verde, por outra banda, a varias licenzas urbanísticas, entre elas a de construción dunha nave no parque empresarial de Bértoa para almacén de explotación apícola.

A Xunta de Goberno Local adoptou tamén outros acordos:

  • Aprobación de facturas por importe de 62.663,75 euros.
  • Aprobar un gasto de 6.500 euros polos dereitos de autor das actividades culturais do ano.
  • Convenio de colaboración coa Fundación Luis Calvo Sanz e Interfilm para o Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís.
  • Bases do XXIV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís.
  • Solicitudes de subvencións á Deputación da Coruña: para persoal técnico de deportes, 15.000 euros; mantemento do CMUS, 20.000 euros; persoal da oficina de turismo, 50.000 euros para tres postos.

Compartir: