Inicio Carballo ao día Hemeroteca Instaladas na rúa Barcelona...

Instaladas na rúa Barcelona xardiñeiras artesanais elaboradas coa madeira do vello tileiro da Milagrosa

Mércores 2 de febreiro do 2022 Carballo ao día

Dun tileiro enfermo que fora preciso cortar na Milagrosa saíu unha obra de arte como o "escaravello" que se sumou este verán á inigualable paisaxe do Castrillón. Da mesma árbore e das mesmas mans, as do artesán carballés Fabián Lage, saíron as novas xardiñeiras da rúa Barcelona, que ademais de aportar máis verde e máis cor á rúa, evitarán os continuos danos provocados polo paso de vehículos polos macizos das esquinas coa rúa Tarragona. 

O alcalde, Evencio Ferrero, e os concelleiros Luis Lamas e Juan Seoane escoitaron con atención as explicacións tanto do artesán que construíu as orixinais xardiñeiras, que ademais de madeira incorporan aceiro corten, coma do persoal que se encargou de repoñer a base das zonas verdes, instalar o rego, sementar de novo o céspede e plantar as primeiras flores. Grazas por respectalas!

Compartir: