Inicio Carballo ao día Hemeroteca O FIOT bota unha ollada cara a guerra civil

CULTURA

O FIOT bota unha ollada cara a guerra civil

Venres 22 de setembro do 2006

O programa do FIOT inclúe para esta edición as representacións de Imperial: Café Cantante Vigo 1936, a cargo de Teatro do Noroeste o 14 de outubro, Entrañas, a cargo de Titziana Teatre o domingo 15, O grande criador, de Compañía Chapito de Portugal o sábado 21, Macbeth, de Sarabela Teatro o domingo 22, 12 rosas de Arrieritos o sábado 28, Hazmerreír de Treatro de Malta o domingo 29, El Florido Pensil de Tanttaka Teatroa o martes 31 e Ay Carmela, con Santiago Ramos e Verónica Forqué o día 1 de novembro. Ademáis das oito obras a representar, contará coa exposición Eles e nos, a VIII edición da Rúa dos Contos, Teatro da rúa, unha Recepción á Asociación de Directores de Escena de España, a presentación do múmero 48 da Revista Galega de Teatro, a sinatura dun convenio marco de colaboración co Instituto Camoues de Portugal, o VI Certame Galego de Dramatiazación de Monólogos Cómicos, o VI Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís e o Premio do público.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, destacou una presentación que "o esforzo do Concello é darlle máis impulso ao FIOT como referente do teatro non só en Bergantiños, senón alén destas terras". A delegada provincial de Cultura e Deporte, Milagros Lantes, suliñou que a necesidade de "fomentar a creatividade", coa aportación que fai a administración autonómica ao Festival. O presidente de Telón e Aparte, Alberto Sueiro, manifestou que o obxectivo do Festival é o de "convertirnos en algo máis que unha programación e insistir en reforzar outras actividades paralelas á programación de sala". O presidente da Comisión de Cultura da Deputación da Coruña, Celestino Poza, manifestou que "é un prestixio para a Deputación que o Concello permitira a nosa colaboración". Tamén participaron do acto Javier Pérez, director da oficina principal da Caixa Galicia en Carballo, Miguel Martín, xerente do IGAEM e José Luis Fernández, director de Comunicacións de GADISA.

Compartir: