Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo pechou o ano 2020 cun...

O Concello de Carballo pechou o ano 2020 cun orzamento de case 40 millóns de euros e un remanente de máis de 11

O goberno municipal aposta por continuar coa política de incorporación de remanentes para seguir mellorando as infraestruturas e os servizos

Xoves 2 de setembro do 2021 Carballo ao día

Belén Lendoiro e Evencio Ferrero presentaron os asuntos do pleno

Belén Lendoiro e Evencio Ferrero presentaron os asuntos do pleno

No noso concello é costume que o pleno correspondente ao mes de agosto se celebre o primeiro luns de setembro. E así será tamén este ano, de xeito que os membros da corporación xa están convocados/as para o día 6. Entre os asuntos que conforman a orde do día figura a conta xeral do ano 2020, “un documento contable, estritamente técnico, que os servizos económicos elaboran para render contas a outras administracións de toda a actividade económica realizada durante o exercicio anterior, e ademais é imprescindible para poder acceder a subvencións públicas”, tal como explicou o alcalde, Evencio Ferrero, na presentación dos asuntos do pleno xunto á concelleira de Facenda, Belén Lendoiro.

O rexedor felicitou aos servizos económicos pola celeridade na elaboración da conta xeral e ofreceu algunhas das cifras que inclúe a conta xeral. Así, por exemplo, explicou que os 25.972.402 euros de orzamento aprobados inicialmente convertéronse en 39.598.388 grazas ás achegas e incorporacións do remanente que se foron realizando ao longo do exercicio. Este ano o Concello de Carballo cumpre a regra de gasto (continúa suspendida) e o límite de débeda, pero non o de estabilidade orzamentaria (tampouco se aplica), xa que o resultado do 2020 é de -1.089.106 euros, “a pesares de que sae un remanente de tesourería de máis de 11 millóns. Que máis estabilidade quere un concello? É o colmo do despropósito”, manifestou Evencio Ferrero.

O obxectivo do goberno municipal de cara ao ano 2022 é seguir incorporando remanentes, como xa se fixo este ano e o pasado por algo máis de seis millóns de euros en total, para, como declarou o alcalde, “seguir atendendo as necesidades que un concello como e de Carballo sempre ten”.

A convocatoria da sesión pode descargarse máis abaixo.

Descargas

Compartir: