Inicio Carballo ao día Hemeroteca Toman posesión 13 administrativas/os tras...

Toman posesión 13 administrativas/os tras un proceso de selección por promoción interna

Mércores 21 de xullo do 2021 Carballo ao día

O salón de sesións converteuse no insólito escenario da toma de posesión de 13 novos/as administrativos/as do Concello de Carballo. Estréanse nos seus postos, pero non na Administración local, xa que todos/as viñan desenvolvendo as súas funcións como auxiliares administrativos/as e agora soben un chanzo máis tras acadar as mellores puntuacións nun proceso selectivo realizado polo sistema de concurso-oposición por promoción interna.

O alcalde, Evencio Ferrero, que presidiu o acto de toma de posesión, felicitou ás 11 funcionarias e 2 funcionarios que superaron o proceso de selección, agradeceu o traballo que viñeron desenvolvendo ata o momento e convidounas/os a seguir desempeñando con dedicación e dilixencia as tarefas que lles sexan encomendadas co obxectivo de prestar sempre o mellor servizo á cidadanía.

Compartir: