Inicio Carballo ao día Hemeroteca Fernando Blanco apoia a revitalización do...

INDUSTRIA

Fernando Blanco apoia a revitalización do comercio no centro de Carballo

Martes 30 de agosto do 2005

"Dende o Concello queremos crear un centro dinámico e atractivo que consiga seguir absorbendo compradores e vendedores, ao tempo que se revitalice o comercio no centro urbano", explicou o alcalde trala reunión que mantivo co Conselleiro e na que estivo presente o concelleiro delegado de Industria, Comercio, Feiras e Mercado de abastos, Xoán Francisco Pérez Ferreiro.

O alcalde aproveitou a reunión para lle comentar ao Conselleiro a estratexia sobre os centros comerciais abertos e sobre as melloras nas rúas, en concreto melloras na rúa Desiderio Varela, que xa lle fora solicitada á Consellaría no ano 2004 sen obter resposta, e que o Conselleiro se comprometeu a solucionar.

No encontro tamén se lle entregaron persoalmente as alegacións á minicentral no río Carral, realizadas pola oficina técnica municipal e ás que xa se lle dera curso polo procedemento ordinario.

Noticias anteriores: Apróbanse as bases do concurso para a construción do aparcadoiro e do espazo comercial na Praza do Concello

Compartir: