Inicio Carballo ao día Hemeroteca "A festa levámola dentro", nova...

ENTRA E INSCRÍBETE

"A festa levámola dentro", nova campaña de promoción do comercio local vinculada á tradición do San Xoán

A iniciativa, na que colaboran as concellarías de Festas, Promoción Económica e Mercados, desenvolverase dende o 14 ata o 30 de xuño

Luns 7 de xuño do 2021 Carballo ao día

Este ano tampouco poderemos celebrar o San Xoán como nos gustaría. Por isto, ademais de intentar ofrecer algunhas actuacións de pequeno formato durante os días grandes das nosas festas, no Concello de Carballo estamos a traballar noutras propostas que contribúan a paliar esta anómala situación derivada da crise sanitaria que continuamos padecendo e que tanto ten afectado á actividade económica en xeral e ao comercio en particular.

Conscientes de que o San Xoán sempre foi unha época forte para o comercio carballés, as concellarías de Festas, Promoción Económica e Mercados unen esforzos para intentar dinamizar as vendas a través dunha potente campaña de imaxe que incluirá como principais soportes a publicidade en medios de comunicación, vídeos e cartelería.

O lema da campaña, cuxa imaxe darase a coñecer nos vindeiros días, será "A festa levámola dentro", porque o San Xoán é unha celebración fortemente arraigada nos nosos corazóns, pero tamén porque é unha boa época do ano para mercar no comercio local e levar a festa dentro das bolsas da compra. Por iso, as compras que se realicen nos establecementos colaboradores terán recompensa.

A campaña arrincará o día 14 e estenderase ata fin de mes. Os comercios que queiran participar deben inscribirse antes do venres cubrindo o formulario que figura máis abaixo. As prazas son limitadas.

Ligazóns

Compartir: