Inicio Carballo ao día Hemeroteca En Carballo temos cada vez máis...

En Carballo temos cada vez máis rúas con corazón

Venres 21 de maio do 2021 Carballo ao día

Contedor instalado hoxe na Praza Vila de Laxe

Contedor instalado hoxe na Praza Vila de Laxe

Hoxe quedou instalado un novo colector para tapóns de plástico na Praza Vila de Laxe, na que avanzan as obras de reurbanización, e, como podedes comprobar, faltou tempo para que empezase a encherse, como se enche practicamente a diario o que temos instalado na rúa Bos Aires dende que se acometeu o proxecto de reforma integral da vía.

Contedor da rúa Bos Aires

Contedor da rúa Bos Aires

Pouco a pouco iremos estendendo este tipo de colectores aos distintos barrios urbanos, pero o máis importante é que, por unha banda, axudamos ao medio ambiente a través da axeitada separación de residuos e, por outra, a través da recollida dos tapóns poderemos contribuír a causas sociais.

Compartir: