Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo contribúe este...

O Concello de Carballo contribúe este curso con máis de 175.000 euros ao mantemento das dúas escolas infantís públicas

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar vén de publicar as listaxes provisionais de admitidos/as e de agarda para o curso 2021-22

Luns 10 de maio do 2021 Carballo ao día

Escola infantil A Braña

Escola infantil A Braña

A xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar fixo públicas este luns as listaxes provisionais de nenos e nenas admitidos/as e de agarda para o curso 2021-22 na rede A Galiña Azul, na que están integradas as dúas escolas infantís públicas do noso concello. Ao final desta nova podedes descargar as resolucións correspondentes ás escolas As Landras e A Braña.

Escola infantil As Landras

Escola infantil As Landras

As familias dispoñen agora dun prazo de 5 días hábiles, do 11 ao 18 de maio, para posibles reclamacións, que deben presentarse na escola infantil que corresponda e no horario que determine o centro. Coa publicación das listaxes definitivas entenderanse resoltas as alegacións.

As escolas infantís da rede pública son sostidas coas achegas das familias e con fondos públicos da Xunta e dos concellos, que achega a metade do custo de cada praza. O Concello de Carballo contribuirá neste curso 2020-21 cunha partida de 174.900 euros polas 92 prazas existentes na escola da Braña e as 41 das Landras, na que tamén asumimos o mantemento, a  limpeza e a enerxía eléctrica.

Ligazóns

Compartir: