Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo realiza obras por 3,4...

O Concello de Carballo realiza obras por 3,4 millóns de euros con cargo ao remanente de tesourería do ano 2019

A Xunta de Goberno Local adxudicou este mes os catro primeiros proxectos por un importe próximo ao millón de euros

Venres 30 de abril do 2021 Carballo ao día

O novo proxecto de accesibilidade completará as actuacións que se están levando a cabo nestes momentos

O novo proxecto de accesibilidade completará as actuacións que se están levando a cabo nestes momentos

A Xunta de Goberno Local adxudicou nas sesións celebradas este mes as primeiras catro obras que se financiarán con cargo ao remanente do ano 2019. A posibilidade de que os concellos dispoñan do remanente de tesourería para gastos xerais, grazas á suspensión das regras fiscais para o período 2020-21 por parte do Goberno do Estado, permite ao Concello de Carballo realizar este primeiro investimento de 3.411.416,10 euros en obras e servizos.

As obras que xa están adxudicadas e que darán comezo nas vindeiras semanas son as seguintes:

  • Accesibilidade en beirarrúas da zona A Milagrosa e a Avenida Ponte da Pedra. Orzamento: 216.519,94 euros. Adxudicada a Excavaciones y Obras Candal na Xunta de Goberno Local do 12 de abril.
  • Rede de saneamento e abastecemento de agua en Cambre e Outeiro (Lema) e Cambrelle (Razo). Orzamento: 416.971,86 euros. Adxudicada a Vázquez y Reino na Xunta de Goberno Local do 12 de abril.
  • Reforma do centro social do barrio da Milagrosa. Orzamento: 147.317,86 euros. Adxudicada á empresa Covisam Norte na Xunta de Goberno Local do 26 de abril.
  • Substitución de cuberta e revestimento da fachada do pavillón deportivo “Carballo Calero”. Orzamento: 255.312,90 euros. Adxudicada na Xunta de Goberno Local o 26 de abril.

Nestes momentos están en fase de contratación outras catro obras:

  • Rede de saneamento e abastecemento de auga aos lugares de Leboreo, Requeixo e A Rega, na parroquia de Bértoa. Orzamento: 368.311,59 euros.
  • Reforma do mercado, 2ª fase. Orzamento: 101.068,12. En licitación. Aberto o prazo de presentación de ofertas ata o 3 de maio.
  • Seguridade no polígono industrial de Bértoa. Orzamento: 181.000 euros. Aberto prazo de presentación de ofertas ata o 6 de maio.
  • Ampliación do cemiterio municipal, 1ª fase. Orzamento: 699.520,70 euros. Aberto prazo de presentación de ofertas ata o 18 maio.
  • Reforma parcial dos almacéns municipais da Cristina para almacén-garaxe de Protección Civil. Orzamento: 82.516,43 euros. Aberto prazo de presentación de ofertas ata o 18 de maio.

Pendentes de contratar:

  • Reurbanización da rúa Pontevedra. Orzamento: 151.344,30 euros.
  • Reurbanización das rúas Ourense e Baños Vellos. Orzamento: 294.631,77 euros.
  • Reforma do Pazo da Cultura, 1ª fase. Orzamento: 428.600,63 euros.

Pendente dunha subvención da UE:

  • Achega municipal para o proxecto europeo “Carballo Sostible: Enerxías renovables e eficiencia enerxética nos edificios públicos”: 68.000 euros.

Un dos condicionantes á hora de elixir as obras é que deben estar rematadas a 31 de decembro deste ano. Seguir mellorando na mobilidade e a accesibilidade na zona urbana, apoiar a actividade no polígono industrial mellorando a súa seguridade, avanzar na extensión dos servizos de saneamento e abastecemento de auga a todas as parroquias ou acometer a necesaria ampliación do cemiterio municipal son motivos que xustifican os investimentos previstos, que agardamos ampliar este ano cun novo paquete de actuacións con cargo ao remanente do 2020.

Compartir: