Inicio Carballo ao día Hemeroteca O curso escolar en Infantil e Primaria comeza con...

ENSINO

O curso escolar en Infantil e Primaria comeza con normalidade no concello

Luns 11 de setembro do 2006

Os membros do grupo de goberno comprobaron o estado dos colexios nos que, polo xeral, o comezo do curso escolar fíxose con normalidade. Ademáis de departir cos directores dos centros educativos, para escoitar e cambiar impresións, revisáronse as dependencias para comprobar o bo funcionamento das instalacións eléctricas e de auga. Os colexios foron tratados antes do inicio do curso para o seu mantemento, coas tarefas de desratización e desinfección. Ademáis, membros da brigada de obras traballaron en labouras de pintado. O Concello ten intención de seguir incorporando aos colexios parques de xogo, para o disfrute dos máis pequenos. Outra das novidades rexistradas nesta mañán foi a visita á nova unidade infantil do colexio Fogar.

Compartir: