Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os primeiros exemplares de ‘Libros Ceibes’...

CULTURA

Os primeiros exemplares de ‘Libros Ceibes’ comezan a súa andadura

Venres 1 de setembro do 2006

Desde o Concello e os esteblecementos colaboradores quérese convidar a todas as persoas interesadas na iniciativa a que colaboren con ela, polo que todas e todos podemos ceibar algún libro deixándoo nalgún deses locais e identificándoo debidamente cuns adhesivos que se poden pedir nos bares do proxecto.

Todos os Libros Ceibes poden collerse, levarse e lerse, pero cómpre lembrar que logo hai que volver ceibalos, pois queren ser libres, comunais, compartidos, viaxeiros. Despois de lidos, hai que deixalos nas mans doutra persoa ou nalgún dos locais colaboradores.

Con esta iniciativa quérese colaborar co fomento da lectura, coa difusión do libro galego e coa cultura activa, participativa e compartida.

Compartir: