Inicio Carballo ao día Avisos Aberto o prazo de solicitude de composteiros...

Aberto o prazo de solicitude de composteiros individuais para vivendas illadas do rural

Luns 30 de novembro do 2020

As concellarías de Medio Ambiente e Servizos teñen en marcha unha nova campaña para seguir estendendo a compostaxe doméstica no noso concello. Grazas á colaboración da Consellería de Medio Ambiente e da Unión Europea, en breve distribuiremos 150 composteiros máis, que se sumarán aos 392 que se atopan xa a pleno rendemento nas distintas parroquias.

Esta nova partida permitiranos atender as peticións que temos en lista de agarda e seguir incorporando máis, polo que está aberto o prazo de solicitude. As persoas interesadas só teñen que descargar o impreso que atoparán ao final desta nova e presentalo, debidamente cuberto, no Rexistro Municipal (con cita previa no 981 704 100) ou no Rexistro Telemático, ao que se accede dende a páxina web www.carballo.gal.

Ligazóns

Compartir: