Inicio Carballo ao día Hemeroteca Praza dos Libros de Carballo

CULTURA

Praza dos Libros de Carballo

Venres 18 de agosto do 2006

Programa
Xoves 24
13.00 h:Inauguración e pregón de Xurxo Borrazás

19.00 h:Sinatura de libros:
Henrique Guerra: O tute, diversión arredor dun tapeteDésirèe Domínguez Pallas: O patrimonio relixioso de CarballoFernando Cabez Quiles: Domingo de resurrección
20.00 h:Xurxo Borrazás asinará exemplares das súas obras

21.00 h: Presentación do libro A nación existe. Conversas con Francisco Rodríguez, coa participación do seu autor, Xosé Mexuto, e do entrevistado no libro, Francisco Rodríguez.

Venres 25
11.30 h:Gran xincana para nenas e nenos

20.00 h:Xan Fraga asinará exemplares de Crónicas de Carballo II e A memoria de Carballo
20.30 h:Presentación da Fotobiografía sonora de Manuel María, con Xurxo Souto e Xan Fraga

21.30 h:Recital poético dedicado a Manuel María (con Xan Fraga, Xurxo Souto, Mercedes Queixas e Cesáreo Sánchez Iglesias)

22.30 h:Festival folclórico de Carballo, con Bilitroque, Nemeth e Ruote

Sábado 26
20.00 h:Paula Carballeira presentará a súa obra Smara
21.00 h:Diego Ameixeiras falará sobre as súas obras Baixo mínimos e O cidadán do mes e asinará exemplares

22.30 h:Actuación de Xacarandaina. Espectáculo Prestixio
Domingo 27
De 11.30 h a 14.00 h:Un libro, un pan. Todas as persoas que merquen algún libro na feira serán agasalladas cun pan da marca Pan de Carballo
12.00 h:Manuel Rivas charlará cos visitantes á feira e asinará exemplares de Os libros arden mal
19.00 h: Eva Veiga presentará o libro de poemas Desconcerto
20.00 h:As aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, de Manuel María, interpretada pola actriz María Inés Cuadrado

21.30 h:Peche da feira

As casetas estarán abertas de 11.00 h a 14.00 h e de 17.30 h a 21.30 h.

Compartir: