Inicio Carballo ao día Hemeroteca A música, os libros e o cine...

CULTURA

A música, os libros e o cine pecharán os actos do Verán Cultural

Luns 14 de agosto do 2006

O venres 25 de agosto, tamén na praza da Concello, terá lugar o Festival Folclórico de Carballo. Dúas das máis importantes agrupacións de Bergantiños, o Grupo de Baile e Música Tradicional Nemeth e o grupo de Baile e Música Tradicional Bilitroque de Berdillo, pecharán o Verán Cultural cunha exhibición de baile e música na que nos amosarán o importante traballo de investigación e recuperación do noso folclore que viñeron realizando ao longo do ano. Este ano estarán acompañados polo Grupo Folk Ruote. O comezo da actuación está previsto para as 22.00 horas.

Igualmente, do 24ao 27de agosto o Xardín Municipal acollerá a celebración da Praza dos Libros, unha nova cita dos libreiros da nosa comarca co obxectivo de promocionar o libro e de animar á lectura. Un espazo para o contacto cos escritores, con contacontos..., e con outras actividades de animación.

Noites de cine

Ao longo destas vindeiras dúas semana continuará a programación das Noites de Cine do Concello de Carballo. Este luns, 14 de agosto, o Campo da Capela de Cances acolle a proxección de Batman Begins, película que se poderá visionar tamén o xoves 17 na praia de Razo, o luns 21 na praza de Sofán e o martes 22 na Capela de Santa Eufemia de Rus. Ademais, o mércores 16 proxectarase Doce fuera de casa na praza da Milagrosa. O mércores 23 será a vez de Camarón no Xardín Municipal e o xoves 24 e o martes 29 poderá visionarse La novia cadáver na pista polideportiva de Imende e na Escola Unitaria de Oza respectivamente. Todas as sesións comezarán ás 22.00 horas.

Compartir: