Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello aborda unha nova xuntanza para...

DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

O Concello aborda unha nova xuntanza para coñecer o proxecto de sostenibilidade que promove Medio Ambiente

Luns 14 de agosto do 2006

A iniciativa abarca numerosas actuacións para lograr unha educación para a sostibilidade e crecemento sostido. A Xunta de Galicia promove, de cara a 2015, crear os Núcleos de Sostenibilidade Integrada, dos que se sabe que haberá catro en Galicia. Entre as actividades que está previsto desenvolver están a realización de publicidade en distintos soportes, levar a cabo un acto formal de asunción do compromiso por parte dos concellos implicados, crear un punto de información específico, revisar os retos locais, organizar diferentes xornadas ou pór en marcha un curso de voluntariado.

Compartir: