Inicio Carballo ao día Hemeroteca O mago Kiko achega o seu espectáculo ‘A...

CULTURA

O mago Kiko achega o seu espectáculo ‘A ponte invisible’ ao Xardín Municipal

Venres 11 de agosto do 2006

O espectáculo é interactivo, o humor e a improvisación están permitidos e a participación do público contribúe a crear situacións do máis cómico ou dramático. O mago Kiko conta conta con varios premios nacionais presentaranos un espectáculo para nenos e maiores, con números de corte clásico con ambientación musical e efectos novidosos nunca antes vistos.

Berrogüetto

O domingo 13 será o turno da música coa actuación de Berrogüetto na Praza do Concello, a partir das 22,30 horas. Trátase, para moitos, do grupo de música folk máis importante e interesante dos escenarios galegos. Nesta ocasión presentan o seu cuarto disco 10.0, o máis coral da formación, autoeditado enteiramente e sen colaboracións. Reflicte a evolución persoal deste grupo como factoría de ideas e a propia duns músicos que sempre rexeitaron producir por producir. En 1996 nacía este septeto vigués como unha banda innovadora, con formulacións musicais orixinais. Traballos como Navicularia, Viaxe por Urticaria ou Hepta consagráronos como un dos grupos con máis éxito de crítica e público dentro e fóra de Galicia, confirmando a súa vitalidade e a súa enerxía creativa. Resultado desta traxectoria foi a nominación aos premios Grammy Latino 2002.

Compartir: