Inicio Carballo ao día Hemeroteca Berrogüetto presenta o domingo o seu cuarto...

CULTURA

Berrogüetto presenta o domingo o seu cuarto disco ‘10.0’

Mércores 9 de agosto do 2006

Este cuarto traballo de Berrogüetto reflicte a evolución persoal deste grupo como factoría de ideas e a propia duns músicos que sempre rexeitaron producir por producir. O título do disco responde a que son dez anos e é un punto e aparte. O punto cero ven por ser unha nova etapa tamén extra musical, na que Berrogüetto asume roles como pode ser a autoxesión de concertos e a autoprodución do disco. 10.0 é o disco máis acústico da banda, con viaxes evocadoras e apostas influenciadas pola música contemporánea, desde o jazz ao pop. A aposta estética segue transcendendo a música e apoiándose en case todas as disciplinas converxentes. 10.0 é o cuarto disco de Berrogüetto despois dos recoñecidos e premiados Navicularia (1996), Viaxe por Urticaria (1999) e Hepta (2001).

Compartir: